FALEMOS DE FÚTBOL” : ESTE MARTES NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF CON ASIER GARITANO E LUIS DE LA FUENTE.

 

Paco Jémez, Miroslav Djukic, Eusebio Sacristán, Sergio González, Pitu Abelardo, José Luis Mendilibar, Óscar García, Fernando Vázquez, Curro Torres, Rubén Albés, Rafa Sáez, Luis Carro, Toña Is, Manu Sánchez, María Pry, Diego Martínez e Unai Emery. Os seguintes? Luis de la Fuente, Seleccionador Nacional Sub 21, e Asier Garitano, adestrador do Deportivo Alavés. 

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven apostar para este martes día 5 de maio polo fútbol de primeiro nivel e os seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán dous profesionais de primeira fila como son o Seleccionador Nacional Sub 21 Luis de la Fuente e o actual técnico do Deportivo Alavés Asier Garitano. A cita será este martes día 5 de maio a partir das 19.30 horas na nosa canle de Youtube e a través de Facebook Live.

Aceptou o reto da Federación aos 52 anos

Cos Xogos Olímpicos aprazados ao próximo ano, a seguinte Eurocopa Sub 21 fixada para 2022 e nunha situación onde se descoñece o que sucederá no mundo do fútbol durante os próximo meses, Luis de la Fuente falará de fútbol, dos Xogos Olímpicos, das novas promesas, de listas de convocados e, como non, da súa traxectoria deportiva. 

Pouco coñece o gran público do traballo que hai detrás do cargo de seleccionador. A Luis de la Fuente, responsable da Selección Española Sub 21, colleulle en plena progresión. Cando aceptou o reto da Federación tiña 52 anos e non dirixira máis aló da Segunda División B. Seis anos despois, garda na súa vitrina tanto o Europeo Sub 19 como o Sub 21, ademais duns Xogos Mediterráneos.

Para De la Fuente, o último Europeo é un recoñecemento a unha vida entregada ao traballo de canteira. Como futbolista, foi o lateral esquerdo do histórico Athletic gañador de dúas ligas nos anos 80. Como técnico, tras pasar polo Portugalete e o Aurrera de Vitoria, estivo un lustro (2001-05) á fronte do xuvenil do Sevilla, club no que xogara durante catro tempadas.

O Athletic deulle en 2005 a oportunidade de incorporarse a Lezama, onde adestrou ao xuvenil (2005-06), ao Bilbao Athletic (2006-07 e 2009-11) e foi delegado do primeiro equipo (2007-09) con Joaquín Caparrós como adestrador.

En 2011 marchou de Lezama. Ese mesmo verán fichou polo Alavés, que entón militaba en Segunda B. Tras 3 meses en Vitoria, e tras moitos meses estudando ofertas no fútbol vasco, a Federación reclamoulle para reforzar a súa estrutura técnica. E na canteira De la Fuente recuperou o esplendor.

Da Segunda B á Primeira

Asier Garitano (Bergara, 6 de decembro de 1969), é un reputado técnico que arrincou o seu periplo nos bancos como segundo adestrador do Alacante CF.

A súa primeira experiencia como primeiro adestrador foi no Orihuela, con quen se proclamou subcampión do seu grupo de 2ª B. Foi en xuño de 2013 cando comezou a súa mellor etapa como adestrador, cando asinou polo CD Leganés. No conxunto pepinero logrou ascender a 2ª División para, máis adiante, lograr un histórico ascenso a histórico a LaLiga Santander no ano 2016.

Unha permanencia na máxima categoría na 2017/18 e unha semifinal de Copa leváronlle a asinar pola Real Sociedade o pasado verán. Desde maio do ano pasado é o técnico do Deportivo Alavés.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol desde casa con Luis de la Fuente e Asier Garitano” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

-Texto e Foto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.