Esta semana ven máis nutrida cas anteriores nas charlas-coloquio que tan brilante está a facer o Comité Galego de Adestradores e a RFGF, con Óscar Méndez como conductor, pertencente o Gabinete de Comunicación do ente futbolístico galego. Comezou a semana coa charla-coloquio do fútbol sala con dous pesos grandes da arbitraxe con Juan José Cordero Gallardo, Árbitro FIFA da Primeira División FS, que foi premiado o ano pasado como “Mellor árbitro do mundo” e con Pedro A. Galán Nieto, Presidente da Comisión Nacional de Fútbol Sala de RFEF, o luns. Xa no martes tocoulle o fútbol, e desta vez co afeccionado con Rafa Sáez, (adestrador do Arosa SC), Luis Carro, (adestrador do CD Ribadumia) e Rubén Albés, (adestrador do Celta “B”), e este venres 24 de Abril é o turno para os xornalistas máis mediáticos do panorama galego con : Paulo Alonso, (La Voz), Juan Carlos Álvarez, (Faro), Pedro Pablo Alonso, (A Galega) e Terio Carrera, (TVG). Coma sempre na canle da RFGF e dende ás 19:30 horas. Evento online no que podedes participar cun chat no que podedes deixar as vosas preguntas.
Podes seguilos neste ENLACE, no que tamén podes ver tódalas sesións que se levan feito en diferido.
-Texto : piratasdemuxia.es
-Fotos : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.