Doña Ángeles, seguda pola esquerda.
Na madrugada de hoxe recibíamos a mala nova do pasamento de Ángeles de la Iglesias, avoa do ex adestrador do Depor, Rubén de la Barrera, unha muller entrañable que colaborou connosco no artigo sobre a orixe camellana do adestrador coruñés, pois Lucho De La Barrera, naceu e criouse en Camelle, onde viveu moitos anos ata que él e a sua dona, Doña Ángeles se foron para a Coruña onde montaron un local de hostalaría, e como ela nos contaba, Lucho cada día que tiña libre escapábase para a vila camellana, onde tiña aos seus amigos de rapáz. O seu pai chegara a Camelle como mestre de escola.
O seu velorio é en SERVISA na Sala 1 e a misa será mañán martes 27 no mesmo lugar ás 10:15 horas e a posterior incineración.
O noso pésame a familia a que acompañamos no sentimento, así coma a tódolos seus amigos.
A foto de lembranza que acompañamos foi unha foto que ela mesma nos mandou na entrega dun balón asinado por Rubén de la Barrera, para unha causa solidaria en Camelle, acompañada dos seus familiares, e cos orgañizadores da colecta para unha causa nobre.
-Foto : Ángeles De La Iglesia
-Texto : Xosé Búa “Pirata”