EXTREMADURA NON SE PRESENTOU EN FERROL E SERÁ EXPULSADO DA COMPETICIÓN.

 

O primeiro amago foi a folga do equipo non presentándose en Riazor cando lle tocaba xogar co Depor. Os xogadores querían dar luz no escenario máis importante da 1ª RFEF a sua delicada situación, a ver se surtía efecto e chegaban uns cartos que nunca chegaron. Meses sen cobrar, penuria no día a día do equipo, etc…que desenrolaron no desembarco da maioría dos xogadores no mercado de inverno, quedando tan só 7 xogadores profesionais, e tirando do segundo equipo e dos xuvenís para afrontar a liga.

Un feito que non foi suficiente e tras “arrastrarse” polos campos, e sen solución o problema, todo acabou cun novo ultimatum dos xogadores e a non presentación a xogar no día de onte ante o Ferrol.

Calas son as consecuencias?

Tristemente as consecuencias son que o ser a sua segunda incomparecenza, e tal como marcan os estatutos da liga, o equipo será expulsado da competición, cubrindo unha das prazas de descenso. Agora a liga queda con 19 equipo, ao que lle tocara xogar contra eles descansará e seralle dado o encontro gañado por 2-0, que sae da media dos goles a favor e en contra do que leva disputado o equipo extremeño.

Fai pouco máis dun ano o seu presidente pedía unha 2ª División de 26 equipos, posicionándose a favor de Tebas no “atraco” que se formou no xa por todos sabidos vergonzoso espectáculo, sen aceptar o descenso nos terreos de xogo antes do remate da liga, e sen apoiar o RC Deportivo que foi perxudicado en pro do Fuenlabrada, que a verbas do Xuiz Intructor da RFEF, nun informe de 45 páxinas : “sancionado e descendido por neglixencias graves e gravísimas”.

O noso apoio e unha mensaxe de ánimo para os xogadores, e empregados  do UD Extremadura, e especialmente a afección, que son os verdadeiros perxudicados neste triste tema.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia