EXTRAORDINARIO VÍDEO-REPORTAXE DE FOOTTERS SOBRE O INTRE DO DEPOR : “O DEPOR, UN BARCO A MERCÉ DO MAR”.

Preme na foto para ir o vídeo.

 

O Depor, un barco a mercé da mar

Aquí vos presento o excelente traballo que fixeron para o programa “Balompédicos” de Footers, a plataforma que leva a 2ª B e a 3ª División e que trata sobre o pasado e o presente do Depor e no que tiven o pracer de participar, xunto con Valerón, Fran e Valín. Un traballo realizado de maneira brilante polos andaluces, Pepe Barahona e Fernando Ruso.

Así o presentan en Footters :

A mar está estreitamente relacionada coa afección do Real Club Deportivo da Coruña, son capaces de levar polo aire aos seus nos momentos máis complicados, nesta montaña rusa chamada fútbol. Unha inchada nobre e leal que tenta levantar ao seu equipo nunha das épocas máis complicadas da súa historia. O cadro de Riazor está inmerso nun auténtico calvario, pasando de gañar ligas e relacionarse cos mellores clubs europeos, a estar en Segunda B. Un equipo que por historia, entidade, afección e un longo etcétera, merece estar en Primeira División aínda que por diferentes circunstancias atópase nunha complexa situación tanto económica como institucional.

Esta edición de Balompédicos vai dedicada a eles, con diferentes protagonistas como a lenda do club, Juan Carlos Valerón, o exxogador e director do fútbol basee, Francisco Javier González “Fran”, e Jorge Valín, membro do primeiro equipo e canteirán. Diferentes perspectivas que achegan a súa visión das distintas etapas gloriosas que viviu o Depor ao longo da súa historia. É certo que só hai que ver o seu estadio para quedar perplexo, pero a historia de Xosé Búa Trillo “Pirata de Muxía” -un pescador que nos ensinou o seu amor por unhas cores- non deixa indiferente a absolutamente ninguén.

Para entender o que significa o Real Club Deportivo da Coruña para os seus afeccionados, cabe destacar as últimas palabras de Xosé no noso espazo: “O día que morra, quero que o meu caixón pínteno de azul e branco como o meu corazón”.

-Texto : piratasdemuxia/JM Vilalba

-Vídeo : Footters/Pepe Barahona/Fernando Ruso