EXTRAORDINARIO VÍDEO-REPORTAXE DE FOOTTERS SOBRE O INTRE DO DEPOR : “O DEPOR, UN BARCO A MERCÉ DO MAR”.

Preme na foto para ir o vídeo.

 

O Depor, un barco a mercé da mar

Aquí vos presento o excelente traballo que fixeron para o programa “Balompédicos” de Footers, a plataforma que leva a 2ª B e a 3ª División e que trata sobre o pasado e o presente do Depor e no que tiven o pracer de participar, xunto con Valerón, Fran e Valín. Un traballo realizado de maneira brilante polos andaluces, Pepe Barahona e Fernando Ruso.

Así o presentan en Footters :

A mar está estreitamente relacionada coa afección do Real Club Deportivo da Coruña, son capaces de levar polo aire aos seus nos momentos máis complicados, nesta montaña rusa chamada fútbol. Unha inchada nobre e leal que tenta levantar ao seu equipo nunha das épocas máis complicadas da súa historia. O cadro de Riazor está inmerso nun auténtico calvario, pasando de gañar ligas e relacionarse cos mellores clubs europeos, a estar en Segunda B. Un equipo que por historia, entidade, afección e un longo etcétera, merece estar en Primeira División aínda que por diferentes circunstancias atópase nunha complexa situación tanto económica como institucional.

Esta edición de Balompédicos vai dedicada a eles, con diferentes protagonistas como a lenda do club, Juan Carlos Valerón, o exxogador e director do fútbol basee, Francisco Javier González “Fran”, e Jorge Valín, membro do primeiro equipo e canteirán. Diferentes perspectivas que achegan a súa visión d