EXTRAORDINARIO VÍDEO DO ADESTRADOR “MIGUEL DA LARACHA” CA CANCIÓN “RESISTIRÉ” CON TODA A “FAMILIA” DO OUTES CF,

 

Miguel Ángel Ramos, “Miguel da Larcha” adestrador do Outes CF co que fixo unha extraordinaria campaña na 3ª da Costa acadando o subcampionato de liga, e o ascenso direto a Liga da Costa e loitando todo o campionato polo título de campións, que sería para o FC Camariñas, realizou un vídeo tendo como base unha versión da canción do Dúo Dinámico, “Resistiré”, versión “libre” en español do “I will survive” de Gloria Gaynor,  no que participa todo o Oute CF, a excepción de dous xogadores por asuntos persoais, O vídeo é para animar a tódolos que forman a “familia” do equipo outés, así como a todos aqueles que o están pasando mal.

Miguel cóntanos como xurdíu a idea de facer este vídeo : “Nace despois de ver un que fixemos o club de Pádel no que xogo, gustoume e pensei : Porqué non facer esto coa familia do Outes?…será un bo recordó. Escribin un whatssap o grupo do equipo e a directiva, e a resposta foi que si por parte de todos. A verdade é que non me esperaba que todos me dixeran que si…A partires de aí empezó a enviar as frases que cada un deles debía imitar para empezar a montar o vídeo. Cada vídeo que recibía máis me animaba, e pensaba, esto oxalá saia ben e lle guste a xente. Quería tamen animar a esa xente que o está pasando mal”.

Como decíamos a resposta foi impresionate e participaron practicamente todos, o que Miguel agradece e para él tamén é obra dos que non puideron participar : “Quixera aproveitar para decir que en este vídeo faltan dous xogadores que por motivos persoais non saen, pero que saiban que son parte de este vídeo ainda que non saian nél”.

Nestes tempos complicados que estamos a vivir cousas coma esta valen para animarnos un pouco a todos e o mesmo tempo amosa o porqué un equipo coma o Outes CF funcona e funcionou tan ben. A unión dun grupo é necesaria no deporte e na vida mesma.

A nosa máis cordial noraboa a Miguel da Laracha e a tódolos que participan niste extraordinario vídeo.

Especial fin de liga da 3ª da Costa : PREME AQUÍ

 

-Vídeo: Miguel da Laracha

-Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.