EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DOS NENOS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA

-Brilante actuación da base do CDM Piragüismo Dumbría-

Os máis pequenos do CDM Piragüismo Dumbría volven de Ribadumia tras unha brillante actuación logrando nove medallas e o segundo posto por clubes.

Nove medallas, dúas do ouro, catro de plata e tres de bronce son o brillante balance da participación dos rapaces e rapazas do CDM Piragüismo Dumbría na segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada este fin de semán en augas do río Umia, que presentaba un caudal ideal para a celebración da proba tralas chuvias da pasada semán.

Os dous triunfos foron para Xesus Pena Cundíns e Sara Fernandez Romar ambos no K1 Alevín, que tivo doblete costeiro na categoría femenina, pois Aroa Lopez Piñeiro alcanzou o segundo chanzo do podium. En canto as demáis medallas de plata, ademáis da xá comentada de Aroa,

Xesus Pena Cundíns logrou o segundo posto na súa primeira competición en C1 Alevín, Iera Lema Gerpe o foi no K1 benxamín femenino, e Sara Fernandez Romar tamén foi segunda no C1 Alevín femenino, acompañada outra vez no podium por Aroa Lopez Piñeiro, que foi bronce, coma tamén o foron Brais Sanchez Cancela no C1 Infantil masculino, e Laura Caamaño García no K1 infantil femenino. Ademáis foron varios os depostistas do clube que estiveron cerquiña do podium con varios cuartos postos, coma Roque Gonzalez, Martín Fernandez Romar, Xián Caamaño
García ou Sabela Corbelle Insua.

En canto á clasificación por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría foi segundo, por detras do Clube Montaña Quixos de Monforte, e con muito marxe sobre o terceiro clasificado, o CDM Teixugos de
Goian.

As vindeiras probas do CDM Piragüismo Dumbría son as que se disputarán no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, onde o domingo 23 de xuño terá lugar a Copa Galega de Slalom, e o seguinte fin de semán 29 e 30 de xuño, será a sede da Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom.

-Unha información e foto que nos achega Quique Portela, (CDM Piragüismo Dumbría-

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies