EXTENSA E INTERESANTE ROLDA DE PRENSA DE CARMELO DEL POZO

 

Extensa e interesante rolda de prensa de Carmelo del Pozo de 41,21´, na que contesta a tódalas preguntas dos xornalista, sobre temas como a saida de Diego Caballo e en que situación se dou, a presenza da canteira no equipo, a posición para a que se contratou a Peru Nolaskoain, a saida de Diego Rolán e o que supuxo, a situación das opcións de compra en varios xogadores, que en todas elas é voluntaria, a chegada dos 5 e o que s espera que aporten, e como viñeron, a situación de Salva Ruiz, para o que o Valencia ten un bo porcentaxe en caso de venda, pero ven de balde, coma tódalas contreatacións que se fixeron. A siada de Pedro Sánchez, que podería xerar beneficios en caso de promoción ou ascenso do Albacete e porque se levou a cabo, a de Fede Cartabia, Rober Pier, os topes salariais e posicionamento con respecto a outros clube, etc…

Nas redes sociais e en especial en Twitter día tras día saen sempre so mesmos atacando non só o director deportivo senón que o propio equipo e a algúns xogadores, amosando que en moitos casos non son siquera deportivistas senón que parten como tales para atacar e desestabilizar. Son os mesmos que o ano pasado poñían a parir as fichaxes de Quique González, (un paquete decía algún), Carlos Fernández, (un tullido, que non fixo nada), Dani Giménez, (un vello vigués que non  o queren no Betis porque é un niguén, decía outro), Pablo Marí, Domingos Duarte, etc…Todo foron críticas e logo críticas porque se foron.

Xa se pode crer máis ou menos en Carmelo del Pozo, pero na situación que está o clube e que estivo moitísimo peor, o ano pasado fixo unha plantilla que quedou por un gol fora do ascenso gastando 2,2 millóns de euros. este ano asinou a 14 xogadores, todos eles a coste cero.

Poderán ser peores cos do ano pasado, pero primeiro haberá que velos. Chegaon 5 xogadores que son unha cuarta parte da plantilla. Agora falla ir colocando pezas nunha nova pretempada, pero con puntos de por medio. Logo co paso das semanas xa haberá tempo para criticar para ben ou para mal, pero o importante agora mesmo só é un escudoi e unhas cores e os xogadores que as levan son os mellores porque son os nosos, mentres non se amose o contrario.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es