EXPLICATIVA ROLDA DE PRENSA DE CARMELO DEL POZO

 

Carmelo del Pozo explicou tódolos temas abertos no clube

Hoxe Carmelo del Pozo trala presentación de Lampropoulos deu explicación de tódolos movementos que houbo no clube e os que pode haber e os que hai abertos, pero sen dar nomes.

O segoviano como de costume non deixou puntada sen fío e contestou a cada pregunta dos xornalistas. Temas como a marcha de Edu Expósito e Quique González, os novos que chegaron, e por onde se está a mover o clube.

Edu Puido haber sido cedido, pero o final tratouse o traspaso en beneficio de todos, dada a falla de recaudar do RC Deportivo para subir o tope salarial, o mesmo que Quique, que quería unha ampliación de contrato, que nestes intres “non é posible”.

Shibasaki perde cartos co seu desexo de xogar no Depor e foi fel, como bo xaponés, xente de honra, que deu a sua palabra en Nadal e non trocou de parecer, tendo ofertas de equipos de categorías superiores, un deles que trascendeu foi o Pumas mexicano.

Ven como xa contamos onte a “coste cero” e só se pagará traspaso se se ascende. No tema de chagadas e saidas, falou de que xa hai un porteiro xove “apalabrado e o normal e que chegue nos póximos días”. Buscase un lateral esquerdo e sobran dereitos. O clube seica ten “varios frontes abertos, antre eles a dianteira”, pero non quixo dar nomes ante a pregunta do interese por Samuele Longo, que moito se fala, do que Carmelo dixo “somos moitos aos que lles interesa este xogador pero non é a única opción”.

Abaixo en “Vídeos Recomendados” na portada da web podes ver este vídeo ao copmpleto así coma o da presentación de Lampropoulos e tódolos que colga o RC Deportivo ao instante.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es