EXITOSO E REIVINDICATIVO “CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO” EN DUMBRÍA.

Brais durante a proba.

 

O Santiagotarrak de Irún gaña a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom
Brais Sanchez Cancela, do Piragüismo Dumbría, Bronce na categoría Infantil C1

O Campo de Slálom de O Couquiño acollía un ano máis a Copa de España de Jovenes Promesas
de Slálom, con un percorrido de moita dificultade gracias non só as boas condicións que xa ten de
por si o río Xallas, se non polo pola colaboración de Ferroglobe que liberou un caudal de
35m3/seg cos que o campo de slálom de O Couquiño se volveu un escenario de moi bo nivel.
En canto á competición en si, foi gañada polo Club Santiagotarrak de Irún, seguido no podium
polo Club Cadí de La Seu d´Urgell e do Atlético San Sebastián.

 

Podio en Dumbría.

 

O primeiro club galego foi o Club Penedo cuarto, quedando o Piragüismo Dumbría nun dignísimo sétimo posto. Os dumbrieses Marcos Sanchez Cancela e Martín Fernandez Romar navegaron sempre cos mellores clasificados, logrando colarse na categoría C1 infantil entre os 5 finalistas. Brais fixo unha boa final logrando o bronce, e Martín nos prolegómenos da saída tivo un pequeno accidente que o lesionou impedíndolle tomar a saída na mesma. Tamén se celebraba unha competición na categoría Cadete, que aínda que non repartía puntos, tivo unha boa participación, e na que a vimiancesa Alexia Canosa foi bronce.

 

 

Con estas dúas competicións que se celebraron no Campo de Slálom de O Couquiño, pois fai
apenas unha semana foi a Copa Galega a que tivo sede en Dumbría, se reavivaron as
reivindicacións para conseguir por parte da Xunta de Galicia o permiso para a adecuación dun
tramo de 300 metros do rio Xallas para poder dispor dunha instalación deportiva tan necesaria
para o piragüismo galego, para que os nosos deportistas non teñen que marchar de Galicia cando
alcanzan un certo nivel, e que ademais podería acoller competicións internacionais,
concentracións de equipos nacionais e estranxeiros, e que xeraría máis de 100 postos de traballo
nunha zona que está sufrindo o despoboamento sin prexudicar ningunha outra actividade coma a
pesca, e dunha maneira ecolóxicamente sostible.

O coste da adecuación do cauce rondaría os
100.000 euros, pero o impacto económico da canle na zona non baixaría nunca dos 500.000
euros anuais. Durante a proba se distribuíron uns adhesivos conmemorativos que foron repartidos
entre os deportistas para que os luciran durante a proba.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es