A pasada fin de semana disputouse o Campionato Galego de Tiro con Arco ao Aire Libre, en A Devesa-Alba, (Pontevedra). Alí estiveron competindo varios dos arqueiros/as do clube cormelán, “Flechas por un tubo”, acompañados polo técnico de nivel 1, Jesús Antonio Allo Gómez.
Durante o campionato, os arqueiros cormeláns compartiron grandes intres xunto a outros compañeiros de diferentes clubes de toda Galicia. Isto fixo que a competición transcorrese dun xeito agradable e que os deportistas costeiros estivesen rodeados dunha excelente compañía.
Como vén sendo costume, os arqueiros/as do clube de Corme alcanzaron varios podios, aumentando así seu medalleiro:
Na categoría de recurvo benxamín masculino:
Alan Cores Duarte
Adrián González Lema
Na categoría de recurvo alevín masculino:
Manuel Souto García
Mateo Puente Balsa, alcanzou o sexto posto.
Na categoría de recurvo cadete masculino:
Pedro Álvarez Pailos
Na categoría de recurvo cadete feminino:
Leonor Andrade Varela, alcanzou a quinta posición.
Ademais dos logros mencionados, Pedro Álvarez Pailos superou a puntuación mínima para acceder ao Campionato de España Iberdrola de Arco Recurvo e Arco Composto (U21, U18, U15, +50), que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo.
Desde “Flechas por un tubo”, agradecen e felicitan : “ao Club Boa Vila por acoller esta competición. Como de costume, unha organización fantástica, compañeiros!”.
Quen son o clube de arco “Flecha por un tubo”?.
O clube “Flechas por un tiubo”, do que xa fai tempo que non falamos, pero do que xa temos traido novas por medio do noso colaborador Pedro Álvarez, ten base en Corme, este ano por segunda vez volveu a Madrid, e conta con máis de 50 socios. A directiva está constituida por: (Jesús Antonio Allo Gómez, como presidente, Pedro Álvarez Bugallo, como secretario, e como director deportivo Pedro Alvarez). O club conta con unha escola municipal do concello e unha escola propia de categorías menores. Este ano ademáis do que vos contamos na nova, acadaron outros títulos. O club leva competindo en campionatos federados 5 anos e sigue medrando en tiradores inscritos.
O vindeiro 6 e 7 xullo traerán, “O Pinguel”, (Campo Municipal de Ponteceso), o trofeo Federación “Costa da morte” o aire libre , un evento deportivo para o que esperan contar cun gran número de tiradores.
AVISO
O tratarse de fotos con rapaces e rapazas menores de idade, se algún pai, nai ou titor non que que salga o seu protexido, non teñen máis ca poñerse en contacto connosco e será retirada a foto ou ensombrecida a cara do neno/a en cuestión.
-Fotos : Club de Tiro con Arco “Flechas por un tubo”
-Texto : Pedro Álvarez/Xosé Búa “Pirata”