É a primeira vez dende que comezamos ca nosa web no 2007, que damos unha nova sobre tiro con arco e danos unha grande satisfacción comunicar que os nenos/as do clube “Flechas por un tubo”, de Corme-Ponteceso tiveron unha magnífica participación no Campionato Galego de Tiro con Arco, celebrado en Valdeorras.
Os catro arqueiros que fixeron podio foron, en alevin masculino, Manuel Souto García, no cadete feminino terceiro posto para Lucía Castrofondo, cuarta Leonor Andrade Varela, no cadete masculino, sub campión galego, Pedro Álvarez Pailos todos eles veciños do Concello de Ponteceso.
Mañán sábado 23 de Nadal poderán ser homenaxeados polos veciños no torneo de tiro con arco que terá lugar no pavillón de deportes de Corme.
A nosa noraboa a estes rapaces/zas polo éxito acadado e por levar por Galicia adiante o nome de Corme-Ponteceso e da Costa da morte.
-Fotos : Club Flechas por un tubo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”