EXITOSA PARTICIPACIÓN DA CICLISTA MUXIANA, BARCA TOBA, CUN 5º POSTO POR EQUIPOS NA “II VOLTA A PORTUGAL FEMININA”.

Podio do “Louriña”, 8Barca a máis alta).

 

Como xa vos adiantábamos a pasada fin de semana a ciclista muxiana, Barca Toba Suárez, participaba co Club Ciclista Louriña, pontevedrés, na “II Volta a Portugal Feminina”, que constaba de 4 etapas, (a primeira unha contrarreloxo), con 17 equipos e máis de un cento de corredoras, acadando un magnífico 5º posto por equipos, nunha edición de moita máis calidade ca do ano pasado, na que tamén participou a brava ciclista muxiana.

Tal e como nos apuntaba Barca : “o nivel foi moi superior ao do ano pasado, con equipo profesionais  internacionais. O equipo que gañou, un equipo UCI, con todo profesionais, e o segundo igual. Comparado co ano pasado, non quedei tan arriba coma o ano pasado, pero por este motivo, pero no colectivo, fixemos máis co ano pasado, quintas, máis traballo en equipo, e buscando unha mellor posición ca do ano pasado no que quedamos 10ª, e tendo en conta ese maior nivel dos equipos participantes”.

 

 

Con todo iso o rendemento foi de menos a máis, tanto de Barca, coma do equipo, “cun ritmo altísimo, a nivel colectivo, e no meu caso, ainda que quedei máis abaixo, as medias foron mellores, e moi feliz de como me atopei ata o final, pero destacar o noso nivel como equipo, e que unha das compañeiras quedou no “Top-ten”.

Barca Toba manda unha mensaxe de ánimo a sua compañeira lesionada, María Jesús Coya : “Desexarlle unha pronta recuperación á nosa guerreira María Jesús Coya, es forte e sábelo”.

-Fotos : Barca Toba FaceBook7Helena Días

-Texto : piratasdemuxia