ÉXITO TOTAL DA “VI CARREIRA CONCELLO DE MUXÍA”

 

Éxito de participación e orgañización na “VI Carreira Pedrestre Concello de Muxía”

Este Domingo tal e como vos apuntábamos a pasada semana tiña lugar no paseo do “Malecón” de Muxía  o pistoletazo de saida da “VI Carreira Concello de Muxía”, que tiña as categorías de pitufos, benjamín, e alevín, infantil, cadete e xuvenil, 3 K contra o cancro,  vehículo adaptado, e absoluta 10 K sénior.

O éxito unha vez máis foi de participación e de orgañización ca inextimable colaboración da Protección Civil e a Policía Local que se encargaron de que nada fallase e que todo transcurrise a perfección sen perigo para os atletas, que volveron a ser varios centos.

Nas carreirs senior 10 K e 3 K os vencedores foron Amador Pena, (10 k), volveu a gañar e xa suma 6 de 6 e Martín Regueira, que tamén apunta a ser o campión da categoría 3 K.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es