Tal e como vos avanzamos pola semana, este pasado sábado 21 de Xuño de 2025 tiña lugar en Zas unha xornada completa para celebrar o 50ª anivesario do Sporting Zas. Uns actos que comezaban pola mañán cun amistoso antre os veteranos do clube zacense e os do RC Deportivo e que abría un menú que se prolongou ata as primeiras horas do Domingo.
No encontro que se desenrolaba no campo “San Andres”, feudo histórico do Sporting Zas a vitoria era para os deportivistas 2-3. Tres árbitros históricos formaron no encontro con Raúl García de Loza como primeiro trencilla e nas bandas con Juan Corredoira e Juan Antonioa Barros Botana. O choque deu ambente e valeu para ir xuntando aos primeiros socios e afeccionados do clube de cara a sesión vermú coa actuación de Judith Cundíns.
O novo himno do Sp Zas sonou con forza tralo xantar.
Despois desto pasouse a un xantar de celebración para o que había apuntadas máis de 250 persoas que deron boa conta da empanada, polbo, xamón o forno, postres e bebidas espirituosas que se serviron.
Xa pola tarde e tralos cafés tivo lugar unha gala conmemorativa na que se fixo un fermoso repaso a historia do clube zacense para despois desto pasar a “traca final” coa actuación de Impacto e o Dj Expósito que contin uaría ata que o corpo lles aguantou aos máis ousados co Dj Tincinho.
Nos actos de pola tarde homenaxeouse e repartironse detalles de lembranza da ocasión histórica, pois medio século de vida non se coumpre sempre, aos presidentes que estaban presentes, ao patrocinador máis lonxevo, Ponciano Nieto, ao adestrador que máis anos estivo no Sporting Zas, Manolo Corredoira, aos xogadores da actual tempada que acadaron o ascenso e o título da 3ª da Costa, ao equipo feminino por ser o primeiro da historia do clube.
Tamén houbo unha sorpresa o actual presidente, Manolo Corzón e da vicepresidenta Noelia Touriñán. E como recordo especial deste día presentouse o himno do clube e a nova camiseta na que aparecen tódolos patrocinadores que tivo o equipo zacense neste medio século de vida.
A camiseta poñerase a venda nas duas versións a branca e azul e en negro e azul.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos : Prensa Sporting Zas