EXITO DE PARTICIPACIÓN E DE PÚBLICO NO TROFEO FEDERACIÓN E NO TORNEO COSTA DA MORTE DE TIRO CON ARCO CELEBRADO EN PONTECESO.

Tal e como vos viñemos informando durante a pasada semana o campo de fútbol de “O Pinguel”, en Ponteceso, acolleu esta pasada fin de semana a segunda edición do Trofeo Federación Xunta de Galicia, celebrado en paralelo co II Torneo Costa da Morte, organizado polo club cormelán Flechas por un Tubo.

O evento reuniu arredor de 150 arqueiros e arqueiras procedentes de toda Galicia e da veciña Portugal. Entre os participantes destacou a presenza de Daniel Castro Barcala, medallista de prata no Campionato de Europa de 2022 e representante olímpico en Toquio 2020 co equipo nacional.

A fin de semana non foi de todo agradable polo forte vento do sábado e a auga de borraxo do Domingo, pero esto non foi impedimento para que os deportistas deran todo de si e que os afeccionados se acercasen ao campo pontecesán para ver a evolución dos torneos.

Clasificacións e moito máis : PREME AQUÍ

-Foto : Flechas por un tubo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”