EXCESIONAL TRUNFO DO BERGANTIÑOS FC ANTE O PONTEVEDRA CF, (0-1).

Intre do gol de Antón Escobar.

 

Pontevedra CF 0-1 Bergantiños CF

Nun choque moi esixido, nun Pasarón moi pesado pola continua chuvia, os bergantiñistas foron quen de meterse o mono de traballo e frear a un Pontevedra que podía poñerse a 3 puntos do lider CD Adarve, que non pasaba do empate en Navalcarnero. Foi máis incisivo o equipo pontevedrés na primeira metade, chegando continuamente a zona de perigo, pero sen ser quen de disparar a porta pola boa disposición defensiva dos de Carballo.

Xa na segunda metade o Bergan saio con maior poder en medio campo e puido chegar con perigo a zona de perigo pontevedresa. Unha falta colgada dende banda esquerda o área, Álex Boedo en boca de gol non chegou a rematar, tirándose en prancha, na mellor ocasión do encontro a hora de xogo. Pouco despois Hugo Díaz reclamaba penalti por un empurrón no área.

O xogo sigue sendo de porta a porta pero sen remates claros, ata que no 44, Antón escobar remataba o borde do área pequena, antre o meta local e un defensa, paraban o disparo, o rexeite quedáballe morto o seu carón a Antón, que se levantaba, rematada con corazón, tocaba na perna do defensa pontevedrés e colábase nas mallas, para firmar un excepcional trunfo de moito traballo e pundonor.

Con este trunfo o Bergantiños FC ponse na 10ª posición con 28 puntos a 3 do filial do Leganés que marca os postos de promoción.

-Foto : Captura da TVG2

-Texto : piratasdemuxia