EXCELENTE PAPEL DAS SELECCIÓNS DA COSTA DA MORTE DE FUTSAL BASE NOS CAMPIONATOS COMARCAIS DE BURELA E FOZ CON CLASIFICACIÓN HISTÓRICA DO BENXAMÍN MASCULINO.

As Seleccións da Costa da Morte de futsal de base deixaron unha magnífica impresión na competición comarcal disputada durante a pasada ponte en Burela e Foz. A pesar de enfrontarse a potentes seleccións como A Coruña, Lugo ou Ferrol, os diferentes combinados costeiros competiron con orgullo, carácter e un crecemento evidente en todas as categorías.

O éxito máis destacado chegou da man do Benxamín Masculino, que conseguiu clasificarse por primeira vez na historia para a fase final dun campionato comarcal no apartado masculino. Un fito histórico que certifica o bo traballo do futsal base da comarca e que permitirá ao equipo disputar as semifinais o vindeiro luns 22 de decembro en Marín.

Nas categorías alevín masculino e feminino e infantil feminino tamén se viron momentos de excelente nivel, con partidos moi igualados e nos que empataron e ben puidero gañar, choques que puideron caer de caquer banda. Como nos comenta o adestrador costeiro Fran “Pioto”, “os rapazas e rapazas competiron con moita ilusión e moito orgullo e fixérono dunha maneira espectacular, sendo todas de primeiro ano”.

As Seleccións da Costa de base retornaron á casa demostrando que o futuro do futsal costeiro está máis vivo ca nunca.


 Resultados


1ª Xornada 

Benxamín mixto
A Costa 2-6 A Coruña

Alevín masculino
A Costa 1-11 A Coruña

Alevín feminino
A Costa 2-3 A Coruña

Infantil feminino
A Costa 1-2 A Coruña

 2ª Xornada

Benxamín mixto
Lugo 3-3 A Costa

Alevín masculino
Lugo 3-1 A Costa

Alevín feminino
Lugo 6-2 A Costa

Infantil feminino
Lugo 2-1 A Costa

 3ª Xornada

Benxamín mixto
A Costa 1-0 Ferrol

Alevín masculino
A Costa 1-5 Ferrol

Alevín feminino
A Costa 0-4 Ferrol

Infantil feminino
A Costa 1-1 Ferrol

 O Benxamín Masculino da Costa da Morte clasifícase por primeira vez para a fase final dos campionatos comarcais e xogará as semifinais o luns 22 de decembro en Marín.

.

-Fotos e información : Fran “Pioto”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”