EXCELENTE ACTO DEPORTIVO DO SD CORISTANCO CADETE CO SD LAXE CADETE.

Adrián Corral primeiro pola esquerda co equipo infantil do pasado ano,

moitos deles cadetes deste.

 

Hai veces que esto do fútbol ou do deporte en xeral se dignifica, e antepóñense outras cousas a ansia de gañar. Moitas veces criticamos as goleadas excesivas a equipos inferiores, debido a humillación que resulta para nenos e nenas, pero desta volta o adesstrador do SD Coristanco de cadetes, Adrián Corral Parafita, levou a cabo co seu equipo un acto de verdadeira deportividade.

Chegaba este pasado Domingo 20 de Outubro o SD Laxe o campo coristanqués da “Rocheira”, con tan só 8 xogadores e en troques de querer aproveitar e aliñar os 11 xogadores no seu equipo, falouno cos nenos e aliñou 9.

Non importou para nada o resultado, que finalmente sería de vitoria por 3-5 para os laxenses, con 5 goles de Rubén Sánchez, o único que importou foi a deportividade e o principal foi a mensaxe que recibiron tódolos nenos que esiveron presentes, que o primeiro é ser deportivos e respetuosos e logo é o resto.

Un acto polo que o equipo coristanqués co seu adestrador a cabeza suben o podio das “Nosas estrelas”, como recoñecemento a este gran acto deportivo.

–Foto portada : Paco López

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies