Hai clubs que gañan títulos, hai clubes que os seus méritos son o cariño da sua afección. E hai clubs, que gañan títulos, teñen o cariño da afección e que marcan unha época. O Depor dos anos noventa e comezos dos dous mil pertence a esta segunda categoría.
O coñecido aquí e onde queira que se fale de fútbol e de épica o SuperDépor foi moito máis ca un equipo competitivo. Foi unha referencia do fútbol europeo, capáz de disputar ligas a Real Madrid e Barcelona, conquistar unha Liga histórica en 1999-2000, (roubárenlle outra por golaveraxe, como deostrou o “Caso Negreira”), gañar dúas Copas do Rei, 3 Supercopas de España e alcanzar as semifinais da Liga de Recopa e Campións en 2004 e ser o primeiro equipo español en facer poñerse de xeonllos no seu campo a Arsenal, PSG, Bayern de Munich, Mánchester United…
A grandeza daquela xeración tamén se mide pola calidade dos seus futbolistas. Poucos clubs poden presumir de ter contado nas súas filas con cinco campións do mundo como xogadores e un campión do mundo como seleccionador. Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Joan Capdevila, Carlos Marchena e Lionel Scaloni forman parte dunha elite reservada para moi poucos.
Bebeto
No Dépor: 1992-93 a 1995-96
Mundial gañado: Estados Unidos 1994 (Brasil)
José Roberto Gama de Oliveira, “Bebeto”, foi o primeiro gran ídolo internacional do SuperDépor. Chegou á Coruña procedente do Vasco da Gama e converteuse inmediatamente nun fenómeno. Na súa primeira tempada foi Pichichi da Liga e liderou o equipo que rozou o título ligueiro.
Co Brasil campión do mundo no 1994, formou unha das parellas ofensivas máis lendarias da historia xunto con Romário. A súa celebración arrolando un bebé, (polo nacemento do seu primeiro fillo), tras marcar un gol converteuse nunha das imaxes icónicas dos Mundiais.
No Deportivo marcou máis de cen goles e segue sendo unha das maiores lendas do clube e da afección.
Mauro Silva
No Dépor: 1992-93 a 2004-05
Mundial gañado: Estados Unidos 1994 (Brasil)
Se Bebeto era o xenio ofensivo, Mauro Silva, era o equilibrio perfecto. Considerado por moitos como o mellor mediocentro defensivo da historia do Depor, foi o futbolista que sostivo durante máis dunha década todas as grandes versións do equipo desde a columna vertebral do equipo.
Campión do mundo con Brasil no 1994, chegou á Coruña xunto con Bebeto e acabou converténdose nun símbolo de profesionalidade, liderado e regularidade. Foi protagonista da Liga de 2000, das Copas do Rei e das proezas europeas.
A súa importancia foi tal que moitos expertos no arte rei o consideran o xogador máis determinante en defensa e recuperación da historia moderna do club e considérano como o mellor medio defensivo da historia da liga española.
Rivaldo
No Dépor: tempada 1996-97
Mundial gañado: Corea-Xapón 2002 (Brasil)
A estancia de Rivaldo na Coruña foi breve, pero inesquecible.
Chegou en 1996 e durante unha única campaña deixou mostras do talento extraordinario que anos despois o convertería nun dos mellores futbolistas do planeta. O seu rendemento foi tan espectacular que o Barcelona con “nocturnidade e alevosia” pagou a súa cláusula de rescisión, (4000 millóns das antigas pesetas), xusto o día que pechaba o mercado de fichaxes, cousa que perxudicou seriamente ao Depor, que quedou sen marxe para fichar e que ainda hoxe en día foi perdoado pola afección deportivista. esta manobra privounos de ver xuntos a Rivaldo e Djalminha, que o día da escura manobra catalana xogaron o Teresa Herrea e a parella fixo verdadeiras marabillas..
Cinco anos despois gañaría o Balón de Ouro e sería unha das grandes estrelas do Brasil campión do mundo en 2002 xunto con Ronaldo e Ronaldinho.
Aínda que xogou unha tempada no Dépor, poucos futbolistas que vestiron a camiseta branquiazul alcanzaron un teito tan alto.
Joan Capdevila
No Dépor: 2001-02 a 2006-07
Mundial gañado: Sudáfrica 2010 (España)
Capdevila chegou ao Deportivo procedente do Español e foi medrando ata converterse nun dos mellores laterais esquerdos do fútbol español.
Durante seis tempadas defendeu a camisola branquiazul e participou nalgunhas das mellores noites europeas do club, incluída a histórica remontada contra o Milan en 2004.
Trala sua exitosa estadía no Depor fichou polo Villarreal, desde onde se converteu no lateral esquerdo titular da selección española campioa do mundo en Suráfrica 2010.
Formou parte do equipo que cambiou para sempre a historia do fútbol español.
Carlos Marchena
No Dépor: 2012/12 e 2013/14
Mundial gañado: Sudáfrica 2010 (España)
A diferenza dos demais, Marchena non pertenceu á etapa dourada do SuperDépor.
Chegou á Coruña xa veterano, pero o seu currículo falaba por el. Foi unha peza fundamental da mellor selección española de todos os tempos, gañadora da Eurocopa 2008, do Mundial 2010 e da Eurocopa 2012.
No Mundial de Sudáfrica foi un dos defensas de confianza de Vicente del Bosque, aportando experiencia, contundencia e liderado.
A súa etapa no Dépor foi curta, pero permitiu que o club contase nas súas filas cun dos poucos campións do mundo españois. Axudou ao ascenso a pPrimeira, (2013/14), o noso clube que andaba en horas baixas. Lémbrase no deportivismo o seu gol en Riazor de chilena desde o vértice do área ao Xaén, (1-1). Este gol foi decisivo para ó ascenso. Marchena sempre di que se sente orgulloso de haber estado no Depor e que é un deportivista máis.
Lionel Scaloni
No Dépor: 1998-99 a 2005-06
Mundial gañado: Qatar 2022 (como seleccionador)
Scaloni chegou novo ao Deportivo e acabou converténdose nun dos xogadores máis fiables do equipo de Javier Irureta.
Disputou máis de 140 partidos oficiais e participou na conquista da Liga 1999-2000, Copa do Rei 2002 “Centenariazo” e Supercopa de España 2002, ademais das grandes xestas europeas da entidade.
Trala longa traxectoria no Depor foise a gastar o que lle quedaba de xogador no Mallorca e anos despois iniciou unha carreira como técnico que parecía improbable. Tras asumir a selección arxentina entre dúbidas, (Maradona moito tería que trincar a lingua despois do mal que flou de que o puxesen de adestrador do combinado nacional), construíu un equipo sólido ao redor de Messi e levou a Arxentina a conquistar a Copa América 2021 finalista na 2022 e de novo campión na 2024, e casmpión do Mundial de Qatar 2022.
Con estes logros converteuse é o ex deportivistas máis ilustre da historia.
Un legado único
Bebeto, Mauro, rivaldo Capdevila, Marchena e Scaloni todos eles representan unha parte da grandeza dun Depor que, durante duas décadas, reuniu en Riazor talento de nivel mundial. Un club que non só competía cos mellores, senón que fichaba, formaba e potenciaba futbolistas destinados a deixar a súa pegada na historia do futbol española, europea e dos Mundiais.
–
-Texto e fotomontaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos individuais: Google Images






