No día de onte 23 de xuño do 2026 a Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo daba a coñecer os resultados do escrutinio das votacións dos socios e aboados para saber os resultados, a pouco de que cumpla 120 anos o “Rei de Galicia”, e a vitoria da modificación ao galego, tal e como xa vos informamos, foi aplastante con preto dun 80% dos votos a favor, cáseque 8 de cada 10 participantes na votación optaron por adecuar o nome ao toponimio da cidade en galego, rachando así unha débeda cos socios, ca nosa cultura e ca nosa identidade. Participaron na votación preto do 56% dos socios.
Na noite de San Xoan nos sopartais da Praia de Riazor, na icónica hora da 1:20, (facendo un guiño aos 120 anos de edade), o clube despregou un velo para amosar o novo escudo con algunhas modificacións a principal o nome en galego.
Desde que no 1906 naceu o RC Deportivo da man da Sala Calvet que aglutinaba varios deportes, un deles o fútbol, ata o nosos días sufreu poucas variantes, agás nos primeiros anos que foi cando os trocos foron máis grandes, así coma os de épocas de trocos políticos.
Aquí tes a historia da evolución do escudo que nos representa aos galegos no fútbol, aquí e polo mundo adiante.
O escudo do Real Club Deportivo de A Coruña é un dos máis singulares do fútbol español porque combina elementos da historia do club, de Galicia e das épocas de monarquía e república. A súa orixe remóntase aos primeiros anos do século XX, cando o equipo naceu vinculado á Sala Calvet, un coñecido ximnasio coruñés.
Que significa cada elemento?
O cinto
É o elemento máis característico do escudo, procede dos primeiros emblemas do Club Deportivo de la Sala Calvet. Representa a orixe do club e mantívose en todas as evolucións posteriores de algunha maneira no escudo.
O bandeirín morado
É o antigo pendón da Sala Calvet e recorda as raíces fundacionais da entidade deportiva.
A franxa azul celeste
Representa a bandeira de Galicia, i é un dos símbolos que máis identifican o club coa nosa terra.
As coroas
En 1909, o rei Alfonso XIII concedeu ao club o título de “Real”, e dende entón incorporouse a coroa real ao escudo. É o único equipo do noso fútbol profesional que conta con duas coroas unha coroa na parte superior e outra no interior do pendón, unha pola Sala Calvet e a outra polo RC Deportivo.
-Evolución histórica-
1906-1909: Sala Calvet
Os primeiros escudos tiñan as iniciais da Sala Calvet, máis tarde apareceu o cinto que aínda se conserva.
1909: chegada do título de “Real”
O escudo incorpora a coroa real. Durante un tempo tamén apareceron elementos doutros deportes, como unha raqueta de tenis ou un stick de hóckey, porque o club non era só futbolístico.
1912: nace o escudo moderno
O club pasa a chamarse Real Club Deportivo de La Coruña, engádense o bandeirín, a coroa e a franxa da bandeira galega, que tamén é a do Porto da Coruña, a que levaban os emigrantes cando emigraban alén do mar e sería a Galega. A estrutura básica é practicamente a mesma que chegou ata os nosos días.
1931-1939: Segunda República
Elimínase a coroa real e a palabra “Real”, como ocorreu noutros clubs españois. Co regreso da monarquía, os símbolos reais recuperáronse.
1997-2016: modernización
O escudo foi refinado graficamente. Mantivéronse todos os elementos históricos, pero con trazos máis limpos e profesionais.
Nesta época ainda que sen ser aprobado en asemblea houbo intres puntuais en Ano Xacobeo no que no crespón central en lugar de levar unha segunda coroa levou unha cuncha de vieira e alusión o Xacobeo, parece ser que tamén o chegou a levar este símbolo tipicamente galego antes de ser “Real”.
2026: A decisión dos socios
Ó 23 de xuño de 2026, o día da “Noite meiga de San Xoan” en Asemblea Extraordinaria, o clube presidio por Juan Carlos Escotet, tras primeiro unha enquisa e despois con votacións dos socios de maneira vinculante ecuns datos do 55´96% do censo con dereito a voto, e cuns resultados que non deixaron lugar a dúbidas, un 79´41% optou pola adaptación ao galego. o club aprobou adaptar oficialmente o seu nome a “Real Club Deportivo de A Coruña”, en castelán e RC Deportivo da Coruña en galego, o que implicou tamén unha actualización do escudo para adecuarse á toponimia oficial da cidade. Pero non só acadou trocos de deseño senón que tanto para o escudo coma para outras cousas os deseños son cunha tipografía única sempre baseada en Galicia.
As novidades no remozado escudo
Así nolas expolica o propio clube : A actualización do escudo do RC Deportivo consiste nunha intervención de carácter evolutivo que preserva intactos os seus elementos esenciais e os seus valores históricos, ao tempo que mellora a súa funcionalidade e resolve determinadas cuestións técnicas de reprodución nos diferentes formatos.
O cambio máis significativo é a adecuación do nome do Club á denominación oficial da cidade, “A Coruña”, en coherencia coa Lei de Normalización Lingüística e co compromiso do Dépor coa identidade e coa lingua galegas. Ademais, o naming pasa a presentarse aliñado e centrado respecto ao eixe vertical para lograr unha composición máis equilibrada.
Outra das novidades máis visibles atópase na coroa. Recupéranse os floróns tradicionais orixinais, símbolos de honra e distinción, e increméntase o contraste cromático do conxunto. Así mesmo, incorpórase un novo aro con pedrería flotante que estiliza a composición e mellora o seu comportamento en tamaños reducidos, ademais dunha cruz con serifas que dialoga formalmente coa nova tipografía exclusiva do Club.
A actualización da identidade visual inclúe tamén unha revisión da gama cromática, adaptada ás necesidades dos contornos dixitais e concibida para reforzar a consistencia da marca en todos os seus puntos de contacto.
A nova paleta potencia a personalidade visual do RC Deportivo mediante cores máis vivas, intensas e recoñecibles. Destacan o novo Dourado Dépor e o Azul Dépor, incorporados ao escudo para aumentar a súa presenza e lexibilidade. Así mesmo, actualízanse o Azul Galicia da bandeira, o morado do pendón e o vermello do bonete, acadando unha maior riqueza cromática e unha reprodución máis eficaz en soportes dixitais e audiovisuais.
Esta evolución permite fortalecer o recoñecemento global da marca mantendo intactos os códigos visuais que forman parte da historia e da identidade do Club.
