EVA DIOS RENOVA POLO DEPORTIVO FEMININO E SUMARÁ A SUA CUARTA TEMPADA NO CLUBE.

 

Eva Dios Nieto (A Illa de Arousa, Pontevedra, 4 de Marzo de 2002) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha campaña máis, até xuño de 2024.

A futbolista arousá incorporouse ao Deportivo ABANCA B no verán de 2020 procedente do Viajes Interrías FF, despois de comezar a súa traxectoria no Céltiga CF para, posteriormente, xogar no Portonovo SD e o Victoria FC de Santiago.

Con todo, pouco tardou en dar o salto ao primeiro equipo para xa non abandonalo. Desde o seu debut, o 31 de outubro de 2020 fronte ao Santa Teresa CD en Abegondo, Eva Dios xa suma 82 encontros oficiais coa camiseta branquiazul, que a converten na 8ª xogadora con máis partidos na historia do Dépor ABANCA, só superada por Cris (177), Gaby (117), Iris (107), Peke (106), Teresa Abelleira (92), Lía (87) e Alba Merino (84).

Eva Dios disputou 23 partidos en Primera Iberdrola, 51 en Primera Federación/Reto Iberdrola, 4 en playoff de ascenso a Liga F, 1 en playout de permanencia en Primera Federación e 3 en Copa da Raíña, nos que marcou 4 goles, 3 en Primera Federación/Reto Iberdrola e 1 en Copa da Raíña.

Medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas disputado en Finlandia en 2018, onde ademais foi elixida o quinteto ideal do torneo, a xogadora branquiazul foi internacional en fútbol 11 coas seleccións españolas sub-19 e sub-20.

Eva Dios súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle, Samara e Carlota Sánchez, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín e Carlota Suárez, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B), Laurina (Real Betis Féminas) e Sara Debén (Fundación Albacete Femenino).

-Foto e Texto : RC Deportivo