ESTRADAS QUE ESTARÁN CORTADAS O 3 DE NOVEMBRO POLA DISPUTA DA 13ª ETAPA DA “VUELTA A ESPAÑA” ANTRE MUROS E O ÉZARO.

 

O vindeiro 3 de Novembro chega unha vez máis a Volta Ciclista a España a nosa zona, será na 13ª etapa desta prestixiosa carreira e que terá de novo o Mirador do Ézaro como punto e final de etapa. Para evitar problemas nas vías de circulación polas que discurrirá a “serpe multicor”, o Concello de Dumbría deu a coñecer como se prodecerá. Polo tanto a estrada de acceso ao Mirador do Ézaro permanecerá pechada o tráfico das 13:00 horas do luns 2 de Novembro ata as 23:00 do martes 3. Pola sua banda a AC-550 de Muros ó Ézaro non estará transitable máis que para a carreira e será pechada das 11:00 horas ata 18:00 do propio martes 3 de Novembro, día da competición. No mapa detállase o percorrido alternativo pola Paxareiras para vehículos.

A mediados de Outubro tivo lugar unha reunión telemática con membros da orgañización da “Vuelta 2020”, coa Subdelegación do Goberno, Xunta, Tráfico, Concello de Dumbría Concello de Carnota e Concello de Muros, nela marcaronse as pautas para velar por que se cumpran os requisitos do protocolo COVID-19, antre os que haberá un dispositivo especial de seguridade nos tramos e estará prohibido o púbrico nos finais de carreira, polo que non estrá permitido como en anos anteriores a gran cantidade d afeccionados que daban cor e áimo a subida de 1´8 Kms dendeo Ézaro, (Dumbría) ata o alto do mirador. Un total de 40 axentes velarán por que se cumpran as normas estabrecidas.

-Foto : Concello de Dumbría

-Texto : piratasdemuxia