ESTEIRANA CAMPIÓN DA “LVI COPA DA COSTA” TRAS GOLEAR O CABANA, (4-0)

 

Foto : https://www.facebook.com/liga.dacosta/

 

SCDR Esteirana 4-0 Cabana SD

Sobroulle medio encontro ao SCDR Esteirana para despois de máis de 40 anos levarse unha Copa da Costa as suas vitrinas. Os rapaces de Geno con dous goles na primeira metade, obra de Rober “Pladur” e Carlos Rama, e outro de Elías nada máis comezar a segunda metade, deixaron desarbolado ao Cabana SD e fixeron que a final acabase descafeinada sobrando todo o segundo tempo no fútbolístico, non así na gran festa da bancada. Rober “Pladur” marcaba o definitivo 4-0 no tempo de desconto.

 

SCDR Esteirana : MJ, Simón, Alves, Carlos Rama, Adrián, Rober “Pladur”, Elías, Alberte, Dani Rama, Tobío e Raúl Lestón. Tamén xogaron : Maroñas, Pablo Rama, Carlos Lestón, Samuel e Brais.

Cabana SD : Darío, Pablo, Iván, Rubén, Santiago, Raúl, Iván Mato, José, Manuel, Diego Mato e Castro. Tamén xogaron : Aarón, Nando, Chrístian, Ismael e Diego Suárez.

 

Goles : 1-0, Rober “Pladur”, (18´); 2-0, Carlos Rama, (36´); Elías, (47´); 4-0, Rober “Pladur”, (92´).

 

Árbitro principal : Adrián Pérez Rellán

Asistentes : Óscar Santos e Iván Vilanova

4º Árbitro : David Vázquez.

Cartóns : Viron cartón amarelo, Elías polo Esteirana e Iván Castro polo Cabana SD.

 

AS VISIÓN DOS ADESTRADORES

Geno, (SCDR Esteirana) : “Partido con un gran ambiente, dos que gusta xogar. Desde o incio marcamos un ritmo alto, intentando xogar en campo contrario e marcar canto antes. Conseguímolo e chegamos ao descanso como queríamos. Na segunda parte quixemos ter o balón e que fora pasando o tempo sin correr riscos e así foi ata o final. Darlle a noraboa ao Cabana pola gran tempada que fixeron e darlle as grazas aos nosos aficionados polo apoio que nos deron todo ano”.

Fernando Mato, (Cabana SD) : Presentámonos en Dumbría acompañados por toda a directiva e con toda a ilusión do mundo e intentar levar a Copa máis grande para Cabana pero non puido ser xa que xogamos contra todo un equipazo, e por algo estiveron duas ligas por enriba nosa, e toca felicitalos pero tamén quero resaltar que este grupo douno todo no campo, e logrou que xente que deixara de vir as Redondas, volvera a animar durante parte do ano. Tamen agradecer a esa afición que estivo durante todo o ano nas boas e nas malas, e que estiveron traballando duro durante toda a semana para que se notara o color e a afición do Cabana, que por empuxe de eles ganaríamos por malloria. Tamén quero decir que vín a xogadores e aficionados que disfrutaron porque para nós xa era unha victoria chegar aí, pero tamen vín algun xogador e aficionado que chorou por non conseguir levar o triunfo para Cabana, pero dou fe de que o disfrutamos como si fóramos os campións. E para nós os entrenadores, foi un placer compartir este ano con este grupo e con unha afición explendida e a seguir así”.

 

 

“LVI COPA DA COSTA DE FÚTBOL”

Día : 23/06/2019

Hora : 17:30

Campo : Municipal do Conco, (Dumbría)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies