A andaina será dende o porto muxián ata Praia de Espiñeirido e volta.
Este xoves 15 de febreiro “Día Mundial Contra o Cancro Infantil”, terá lugar en Muxía unha andaina co lema “Imos patear o cancro infantil”, orgañizada polo CEIP de Vilarmide, o IES Ramón Caamaño e o CEIP Virxe da Barca, os tres centros de estudo de primaria do Concello de Muxía, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro e a Fundación Aladina. A andaina que orgañizan sairá dende a lonxa muxiana ata Espiñeirido e volta e o premio será simbólico, pois consistirá dw chocolate quente para todos/as. A inscripción, solidaria e simbólica será de 1 euro, a pagar nas mesas na saida da andaina. Colaboran : Froiz, Eroski City, Carnicería Mila, Panadería Casais, e Panadería Jurés.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”