ESTE VINDEIRO SÁBADO COMEZA A LIGA DA COSTA CUN ENCONTRO ADIANTADO O DOMINGO.

 

Xa hai gañas de fútbol oficial para os equipos da Liga da Costa, tanto para os novos integrandes, coma para os que van a loitar polo ascenso, coma polos que van a facelo pola permanenza.

O vindeiro sábado 17 de Setembro de 2022 comeza a raiña das ligas costeiras, a Liga da Costa, (2ª Galicia Grupo 2), cun SD San Lorenzo-Corme CF, o resto de encontros o Domingo 18, tal e como podedes ver no cadro que montamos para o seguimento das xornadas, con tódolos datos, día, hora, enfrontamentos, e despois cada semana completaremos cos resultados.

AQUÍ podes ver como será a Liga da Costa 2022/23 e o seu calendario.

No que se refire a “cincenta”, 3ª da Costa, que este ano por primeira vez, e tras un periplo enorme de travesía no deserto, ten unha pinta moi boa, a tenor dos 6 descensos desta pasada, (asquerosa), tempada 2021/22. 

-Foto e Texto : piratasdemuxia