ESTE VINDEIRO SÁBADO 25 E DOMINGO 26 RETORNA O “TORNEO DE FÚTBOL BASE DO CABANA SD”, UN DOS MÁIS PRESTIXIOSOS DA COSTA.

Volve o Torneo de Fútbol Base do Cabana
Esta vindeira fin de semana volta un dos torneos de fútbol base, máis senlleiros, e mellor orgañizados da Costa da Morte, o 2Torneo de Fútbol Base do Cabana SD”, que chega a sua 12ª edición, e tras dous anos de parón pola pandemia do COVID-19.
Coma acotío os encontros desenrolaranse no campo de As Redondas, (Cánduas-Cabana) , con encontros dende ás 10:30 horas do sábado 25, das categorías de benxamíns e infantís, para o Domingo 26, ser o turno de alevíns e cadetes. Dous días nos que Cabana será a “Capital do fútbol base”.
Dende o Cabana SD, convidan este fin de semana a todos os afeccionados ao fútbol, a achegarse o campo de As Redondas, para poder gozar desta gran festa do fútbol base, e de diversas cousas no propio campo, así coma disfrutar doutros praceres que ofrece a zona cabanesa, de paseo, paraxes impresionantes, gastronomía e cultura.
-Foto e Texto : piratasdemuxia