Este vindeiro Domingo arrinca a División de Honra de Veteranos da Costa 2025/26.

O vindeiro Domingo 21 de setembro botará a andar unha nova edición da División de Honra de Veteranos da Costa, unha competición xa clásica no calendario futbolístico da comarca. Este ano serán 14 equipos en liza, polo que a liga regular estenderase ao longo de 26 xornadas, cunha data de peche marcada para o 12 de maio de 2026.

Primeira xornada
(21/09/2025)
  • San Ramón – Dumbría (10:00 h.)

  • Coristanco – Soneira (10:00 h.)

  • Castriz – Buño (10:30 h.)

  • Zas – Oza (10:30 h.)

  • Cances – Ponteceso (10:30 h.)

  • Razo – San Román (10:30 h.)

  • San Lorenzo – Atlético Carballo (11:00 h.)

Con partidos programados dende primeira hora da mañá, a xornada inaugural promete intensidade e bo ambiente nas bancadas.

Unha liga longa e igualada

Co formato a dobre volta, cada equipo xogará 13 partidos como local e 13 como visitante, o que asegura unha competición moi equilibrada. As datas marcarán o pulso dunha liga na que cada punto pode ser decisivo para os obxectivos: tanto os que loiten polo título como os que busquen evitar os últimos postos da táboa.

A División de Honra de Veteranos da Costa segue a ser unha referencia do fútbol de veteranos galego, unha competición moi atractiva onde se mesturan paixón, amizade e rivalidade saudable, facendo que cada domingo sexa para os entradiños en anos unha festa do deporte.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”