ESTE VINDEIRO DOMINGO 22 DE XUÑO CF DUMBRÍA MASCULINO E FEMININO XOGAN A SEMIFINAL DA “COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA” EN OLEIROS.

Semifinais da Copa Deputación da Coruña

-22 de Xuño de 2025-

O vindeiro domingo 22 de Xuño disputaranse as semifinais da Copa Deputación da Coruña, tanto en categoría feminina como masculina. Os encontros celebraranse no campo municipal A Marola, no Concello de Oleiros.

O CF Dumbría, como campión da Copa da Costa en ambas modalidades, representará á comarca.

Na categoría feminina, o CF Dumbría xogará contra o Victoria CF, campioas da Copa da Coruña, a partir das 10:30 horas. A segunda semifinal enfrontará ao SD O Val, campioas da Copa de Ferrol, co EFM Concello de Boiro, campioas da Copa do Sar.

Xa pola tarde na categoría masculina, o CF Dumbría enfrontarase ao SD Negreira, campión da Copa do Sar, a partires das 19:30 horas. A outra semifinal medirá ao Galicia de Mugardos, campión da Copa de Ferrol, co Atlético Montañeros da Coruña, campión da Copa da Coruña.

As finais de ambas categorías disputaranse o vindeiro 29 de Xuño, tamén no campo municipal A Marola, en Oleiros.

O noso desexo do maior dos éxitos para ambos equipos dumbrieses que nos representan a tódolos que formamos o fútbol da costa.

Festa Fin de tempada do CF Dumbría

O sábado 28 de Xuño, día antes das finais se pasan a elas, o CF Dumbría celebra a festa Fin de Tempada no Municipal do “Conco”. Toda a información no cartel.

-Cartel : FaceBook CF Dumbría -Oficial-

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies