Este vindeiro venres 1 de Novembro, “Día de tódolos Santos”, xogaranse dous encontros de fútbol afeccionado, un de cada unha das ligas costeiras. O Muxía CF-SCD Malpica que fora aprazado na 2ª xornada da Liga da Costa por mor de coincidir en plena Romaría da Barca, xogarase no Campo da Arliña a partires das 16:40 horas.
Pola sua banda na 3ª da Costa xogarase no Rodeiro, (Camelle), a partires das 16:45 horas, o encontro adiantado da 7ª xornada que enfrontará ao SD Camelle e o UD Monte Louro. Este encontro estaba previsto polos camelláns para xogarse na tarde do sábado, pero ante a falla de efectivos do clube lourés para xogar en sábado o clube camellán deulle a escoller antre a tarde do venres ou a mañán do Domingo, preferindo o venres.
-Foto e texto : Redacción piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.