ESTE VENRES EN “FALEMOS DE FÚTBOL” : FERNANDO VÁZQUEZ, CURRO TORRES E ÓSCAR GARCÍA NA CANLE DE YOUTUBE DA RFGF NA CHARLA-COLOQUIO COS AFECCIONADOS.

 

A GRAN FESTA DO FÚTBOL GALEGO VIVIRASE ESTE VENRES DE XEITO VIRTUAL NA CANLE DE YOUTUBE DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

Os técnicos dos tres equipos galegos profesionais (RC Celta, RC Deportivo e CD Lugo) compartirán pantalla este venres noutra Xornada Online que organiza a RFGF pola sua Canle de YouTube

Desde a entidade que preside Rafael Louzán queremos agradecer públicamente a colaboración das tres entidades

A gran festa do fútbol galego vivirase de xeito virtual este venres 17 de abril na canle de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol. O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da RFGF volven á carga e, en colaboración co RC Celta, RC Deportivo e CD Lugo, organizarán este venres outra xornada online centrada desta vez no deporte rei na que participarán os adestradores dos tres equipos galegos que compiten no fútbol profesional: Óscar García (RC Celta), Fernando Vázquez (RC Deportivo) e Curro Torres (CD Lugo). A xornada arrincará en directo na nosa canle de Youtube a partir das 19.30 horas.

Fernando Vázquez : “Docente, táctico e motivador”

Fernando Vázquez (Castrofeito, 1954), regresou a Riazor o pasado Nadal cinco anos e medio despois. O técnico galego adestrou ao Deportivo entre o 11 de febreiro de 2013 e o 8 de xullo de 2014. Antes dirixira a Lalín, Racing de Ferrol, Lugo, Compostela, Oviedo, Mallorca, Betis, As Palmas, Raio Vallecano, Valladolid e RC Celta, do que se desvinculou en 2007.

O seu seguinte destino foi o Deportivo e desde a súa saída do club coruñés tan só adestrou ao Mallorca 38 partidos distribuídos en dúas tempadas. A do Deportivo e esa etapa no Mallorca foron os dous únicos destinos de Vázquez como adestrador nos últimos 12 anos. 

Vázquez non é un mago, di el mesmo. Só un técnico con vocación docente. É un dos símbolos do deportivismo.

Curro Torres : “Un mundialista en Lugo”

Outro adestrador que desembarcou nun banco galego o pasado mes de decembro foi Curro Torres. Cristóbal Emilio Torres, coñecido por Curro Torres, ten un brillante pasado como futbolista que comezou no Gramenet, para pasar ao filial do Valencia, o Mestalla, Recreativo de Huelva, Valencia en varias etapas, Real Murcia, Tenerife e Nastic, equipo no que se retirou no 2010. Na súa etapa como valencianista gañou dúas Ligas, unha Copa, unha Copa da UEFA e unha Supercopa.

Como adestrador, o actual técnico do CD Lugo comezou a súa traxectoria no Valencia Mestalla, ao que dirixiu durante tres tempadas e estivo a piques de levar á Segunda División.

Con todo, o seu debut en Segunda División prodúcese na tempada 2017/18 na que foi titular do banco do Lorca FC. A tempada pasada, tras unha breve experiencia no NK Istra FC de Croacia, dirixiu ao Córdoba CF.

Óscar García : “Un dos símbolos da Masía”

Óscar García Junyent converteuse esta campaña no novo adestrador do RC Celta. O técnico celeste (Sabadell, 1973) acumula unha ampla bagaxe nos bancos. A súa primeira experiencia foi no Xuvenil A do FC Barcelona, co que conquistou Liga, Copa e Liga de Campións en 2011.

Na campaña 2012/13 levou ao Maccabi Tel Aviv a gañar a liga israelí tras máis de 10 anos de seca.

Tras o seu paso polo Brighton e o Watford, Óscar García colleu as rendas do Red Bull Salzsburgo, club co que logrou gañar dúas Bundesligas e dúas Copas de Austria en apenas ano e medio.

Os seus últimos dous equipos foron o Saint Etienne francés e o Olympiakos grego.

O técnico catalán, que foi internacional en todas as categorías inferiores da Selección Española, tivo unha dilatada carreira como futbolista en equipos da talla do FC Barcelona, Valencia CF ou RCD Espanyol entre outros. No seu palmarés figuran catro Ligas, dúas Copas de SM o Rei, dúas Supercopas de España, unha Recopa de Europa e unha Supercopa de Europa.

En directo na canle de Youtube da RFGF

A xornada online “Falemos de Fútbol con Óscar García, Fernando Vázquez e Curro Torres” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol.

Desde a RFGF queren : “agradecer publicamente aos tres clubs galegos pola súa colaboración para a realización desta xornada”.

-Foto e Texto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies