As rapazas muxianas Noa Smbad, Lola Soneira e Alejandra García que este ano foron o non vai máis no futsal de base galego e español, serán as que acendan este vindeiro venres 12 de Decembro do 2025 o alumeado do Nadal de Muxía na esplanada do porto muxián onde se atopa o arbol de Nadal, peza principal navideña muxiana e que dará pé o acendido tanto na Vila da Barca coma en todo o concello.
Noa, Lola e Alejandra foron neste 2025 campionas de liga, campionas de Galicia, campionas da Copa Galicia e de colofón campionas de España, todo elo na categoría de futsal feminino Sub12. Todo o seu periplo puidéchedelo seguir na nosa web durante todas as competicións ca inestimable axuda do Departamento de prensa do Fisober FSF e de algún dos pais das rapazas. este acto é un recoñecemento a estas 3 rapazas que levaron no máis alto Muxía por toda Galicia e España.
Tralo acendido que será ás 19:00 horas darase paso a festa para nenos/as e adultos cunha chocolatada con churros e a actuación de Pequedisco Moco Moc, un grupo de animación musical co paiaso DJ MeReClown, para o disfrutes de todos neste pistoletazo de saida para o Nadal muxián. Tamén haberá sesión de fogos de pirotecnia.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”