ESTE VENRES 31 DE XULLO MANIFESTACIÓN MOTORIZADA NA CORUÑA A PROL DO RC DEPORTIVO.

 

Este vindeiro venres 31 de Xullo a partires das 20:00 horas, a Federación de Peñas Deportivistas convoca unha manifestación motorizada branquiazul dende a explanada de Riazor ata a sede da Real Federación Galega na Coruña. Unha manifestación para pedir xustiza ante o atropello sufrido polo noso clube na derradeira xornada de liga na que nin se lle permiteu, nen permite competir en igualdade de condicións como mandaba a circular 93 da cometición da RFEF.

A cada intre que pasa vense máis cousas e detalles que amosan a adulteración da competición que van máis aló do que xa se vai descubrindo.

Por todo isto a Federación de Peñas que mantivo unha xuntanza na Casa Concello da Coruña con tódolos partidos que forman o seu goberno e orgañizou a susodita manifestación que será pacífica e para ademáis de facerse ver, pedir xustiza. Cabe a posibilidade de que participe o adestrador fernando Vázquez.

Así nolo comunican dende a nosa Federación : “O Venres 31 ás 20h convocamos unha manifestación motorizada para respectar os protocolos sanitarios,na cal ergueremos a nosa voz contra a adulteración da última xornada de liga da Segunda División. Pregámosvos que engalanedes os vosos vehículos cas cores do Depor. Como xa manifestou, no primeiro coche irá Fernando Vázquez para encabezar esta loita, na que só pedimos xustiza para o noso equipo. Tamén dicirvos que o xoves 30 de Xullo ás 20:00h comezaremos a repartir as mascarillas e toallas no Bar Creedence sito nos soportales da Rúa Manuel Murguía, a carón da Tribuna do Estadio de Riazor”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Federación de Peñas Deportivistas

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.