O máximo accionista do RC Deportivo xa desvelou a totalidade dos membros da nova diretiva do RC Deportivo, que estará comandada polo economista, director de ABANCA Seguros, Álvaro García Dieguez, acompañadpo dos exfutbolistas branquiazuis Álex Bergantiños, Carlos Ballesta e Michelle Clemente Escotet, así como o técnico Vicente Fernández completan o consello de administración, no que David Villasuso, ata a semana pasada director xeral, será o novo secretario.
Con respecto a anterior diretiva esta si ter xente de fútbol non como as anteriores que toodo era xente de finanzas ou apartados alonxados do que é o fútbol e o que representa.
Este grupo será elixido o vindeiro luns no trasncurso da Xunta Xeral de Accionistas que terá lugar de maneira telemática, para así evitar a asistencia de público e deste modo zafarse das críticas na cara.
Así os presenta o RC Deportivo :
Álvaro García Diéguez
Licenciado en Ciencias Económicas pola USC e Máster en Mercadotecnia Empresarial pola Politécnica de Madrid. Desenvolveu integramente a súa carreira profesional no sector financeiro, ocupando postos de responsabilidade nas áreas de Desenvolvemento de Negocio, Medios de Pago e Negocio Especializado, responsabilizándose da definición da estratexia comercial no ámbito de particulares e empresas. Nos últimos anos foi o director xeral de ABANCA Seguros, área que se converteu nun dos alicerces estratéxicos da entidade financeira. Foi e é conselleiro de diversas entidades do sector de Investimentos e Seguros e profesor da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade da Coruña.
Álex Bergantiños García
Pertenceu como xogador á disciplina deportivista durante máis de dúas décadas. Desde a súa chegada en idade xuvenil procedente do Imperátor OAR xogou 21 temporadas como branquiazul. A pesar de debutar co Dépor con 26 anos, xogou 336 partidos oficiais que lle converten no 9º xogador que máis veces vestiu a camiseta branquiazul nos seus case 117 anos de existencia. Álex disputou 92 partidos en Primeira División, 152 en Segunda División, 74 en Segunda B ou Primera Federación, 11 en Copa do Rei, 3 en playoff de ascenso a Primeira División e 4 en playoff de ascenso a Segunda División, nos que o excapitán branquiazul asinou 11 goles.
Carlos Ballesta Edreira
Vinculado ao Deportivo como futbolista, adestrador e observador durante case 40 anos. Chegou ao equipo Xuvenil en 1970, subiu ao Fabril en 1973, saltou ao primeiro equipo en 1974 e nel xogou 278 encontros oficiais ata que se retirou en 1985. Entre 1986 e 1995 exerceu como segundo adestrador con Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e con Arsenio Iglesias e desde 1995 até 1999 como técnico do Fabril. Desde 2014 forma parte da organigrama de #ANOSACANTEIRA no seu departamento de Captación.
Michelle Clemente Escotet
B.A. en Business Management pola Universidade de Carolina do Norte de Chapel Hill. Foi xogadora do Dépor ABANCA e da selección venezolana Sub-17 e Sub-20. Participou no Mundial Sub-17 en 2010, no Campionato Suramericano Sub-17 e Sub-20 e disputou a Copa Liberadores en 2011. Actualmente traballa na xestión do sector Hospitality (F&B) e no desenvolvemento de estratexias empresariais. É experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira nas áreas de Medios de Pago, Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa.
Vicente Fernández Rodríguez
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, con especialización en deportes de equipo, principalmente fútbol, baloncesto e balonmán. Conta con formación complementaria en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde, en INEF Galicia. A súa traxectoria profesional desenvólvese integramente no mundo do deporte. Foi adestrador e preparador físico no Básquet Coruña, técnico nas escolas deportivas de baloncesto e fútbol da Coruña, e técnico deportivo das actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo.
-Fotos RC Deportivo
-Texto ; Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo