ESTE SÁBADO SOFÁN E CABANA XÓGANSE O TÍTULO E A PROMOCIÓN DA 1ª XUNEVIL DA COSTA GRUPO 1A, NO ÚNICO ENCONTRO DESTE GRUPO…NO GRUPO 1B DERRADEIRA XORNADA CUN POSTO DE PROMOCIÓN EN XOGO.

O Cabana SD visita o SD Sofán con moito en xogo.

 

Xuvenís da Costa Grupo 1A

Tan só se xoga un encontro neste grupo, e vaia encontro…O título de campión e o pase a promoción en xogo.

O SD Sofán recibe no “Carral” o Cabana SD, cos sofanistas na primeira praza con 26 puntos, os mesmos cos cabaneses, segundos por golaveraxe.

No encontro da primeira volta os da parroquia carballesa gañaban por 0-2 nas “Redondas”, o que consiga a vitoria daríalles o pase a promoción e o título de campión do grupo, e o perdedor tería que xogarse todo na derradeira xornada, a vindeira fin de semana, pois por detrás, a espera do que fagan estes dous está o Xallas FC, que tamén suma 26 puntos, pero vai terceiro, fora da promoción, por golaveraxe.

Na derradeira xornada, na que tanto para o que perda, coma se hai empate, para ambos, ainda hai moito en xogo. Os sofanistas visitan ao Corme CF, e os cabaneses reciben ao UD Cerqueda. Pola sua banda o Xallas FC recibe ao CD Baio. Todos o sábado 19 ás 16:30 horas.

Xuvenís da Costa Grupo 1B

Neste grupo, no que son 7 equipos, (un menos ca no outro grupo), xógase a derradeira xornada. A SCD Esteirana campiona de grupo xa fai semanas con 31 puntos, de 10 encontros gañados, 1 empatado e tan só 1 perdido, espera compañeiro na promoción, unha posición que ocupa o UC Cee con 22 puntos e depende de si mesmo para certificar mañán sábado ese privilexio.

Os ceenses, que teñen por detrás o Outes CF con 19 puntos, pero mellor golaveraxe particular para os de Cee, visitan ao Muxía CF, ao que na primeira volta derrotaron por 5-1. Unha vitoria ou un empate dos ceenses daríalles o pase a promoción. Unha derrota e vitoria do Outes CF, que visita no “Municipal de Vimianzo” ao Soneira SD, daríalle o pase aos da Serra.

Derradeira xornada, (14ª)

Muxía CF-UC Cee, ás 16:30 horas

Soneira SD-Outes CF, ás 16:30 horas

CF Porteño-ED Os Miúdos, ás 11:30 horas

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Fernando Mato