ESTE SÁBADO REMATA A LIGA NOS XUVENÍS DA COSTA GRUPO 1A, CUN POSTO NA PROMOCIÓN EN XOGO, PARA CABANA SD OU XALLAS FC.

O Cabana trataba esta semana de recuperar xogadores.

 

Derradeira xornada Grupo 1A

O Cabana SD ten que gañar, ou facer o que faga o Xallas FC, para pasar a promoción de ascenso, no único que queda por xogar na 1ª Galicia de Xuvenís Grupo 1A.

Co SD Sofán campión, tras derrotar a semana pasada ao propio equipo cabanés, (4-1), o Cabana SD recibe nas “Redondas” ao UD Cerqueda, coa arbitraxe de Sebastián Pérez Rellán, no que se podería tomar coma un derbi, por proximidade. O encontro será a partires das 16:30 horas de mañán sábado.

Pola sua banda o Xallas FC recibe no “A Fontenla” o CD Baio a mesma hora, (16:30), coa arbitraxe de Manuel Trillo López.

Tamén se xogan deste grupo, pero sen nada en xogo : Corme CF-SD Sofán, coa arbitraxe de Daniel Martínez Ferreito e o Sporting Zas-Ponteceso SD, coa arbitraxe de Alfonso Caamaño Blanco, ambos tamén ás 16:30 horas.

No Grupo 1B, acabou a liga a semana pasada, tal como xa vos informamos, co SCDR Esteirana, campión, e UC Cee segundo. estes 2 xunto co SD Sogán, campión do Grupo 1A, e co que acabe segundo, 8Cabana SD ou Xallas FC), entrarán para semana na Fase de Ascenso.

-Foto : Fernando Mato

-Texto : piratasdemuxia