ESTE SÁBADO O “GRAN BOCADILLO DA LAREIRA” DE BALDE PARA TODO MUNDO.

 

O “Gran Bocadillo da Lareira” este sábado de balde para todo mundo.

O bocadillo máis grande de Galicia con máis de 50 metros de longo.

Un ano máis, (e xa é o sexto), por este tempo volve o “Gran Bocadillo da Lareira”, na porta do “Bar A Lareira” de Muxía, (colaborador da nosa web), será repartido coma sempre de balde para todo o mundo. O record está nos 55 metros que con toda a seguridade se superará unha vez máis nesta sexta edición.

 

 

Juan Cortés o mítico xogador e adestrador da costa máis coñecido como  “Papi”e o seu fillo Santi, son os orgañizadores deste suculento manxar que levará : bonito, tortilla de patacas, salchichón, chourizo, xamón, nocilla, mortadela, etc…e no medio o premio dunha cea para dous no local muxián situado na zona do Coido, a carón do Intitituto “Ramón Caamaño”, do Polideportivo Municipal, Centro de Saúde e da Garda Civil.

 

 

A elaboración comezará a primeiras horas da tarde e comezará a repartirse para todos aqueles que queirades pasarvos a probalo, dende ás 19:00 horas, como decimos gratis e podendo repetir para deleitarse con varios sabores e o pan tradicional muxián.

 

“O GRAN BOCADILLO DA LAREIRA”

Día : Sábado 15 Xuño 2019

Lugar : porta do “Bar a Lareira” de Muxía

Hora : 19:00

Haberá musica en vivo para amenizar a degustación e meterlle uns bailes.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies