“XI torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa”
Este sábado 22 de xuño celebrarase un novo torneo de tenis de mesa, e xa van once, no pavillón municipal de Zas que xunto coas finais de copa do futbol base fará de Zas a capital do deporte da comarca.
O torneo de tenis de mesa desenrolarase durante todo o día, se ben a competición en si rematará sobre as 15 h. a continuación, e despois da entrega de prenmios, terán todos unha churrascada para desfrutar da compaña e logo para baixar mellor a comida realizaran varias actividades lúdico-deportivas, sempre quedará algún para mirar sentado tomando café e dixestivos.
Nesta ocasión haberá un gañador novo pois ningún dos anteriores participa pero eso non fai baixar o nivel que coma sempre será moi alto, entre os candidatos está o xogador local do AD Zas Brais Blanco, que ven de acadar o segundo porto no torneo de Oleiros. Terá como rivales e tamén candidatos ao triunfo a Sergio Pérez do Club del Mar, Diego Gomez do Finisterre TM, Juan Ángel Ferreiro do Milagrosa de Lugo e a Quico González, un superveterano con mais de 50 anos na elite do tenis de mesa galego e nacional e distinguido coa medalla ao merito deportivo da Xunta o ano pasado..Eso se non hai sorpresas.
O torneo estará dividido en varios apartados. O masculino en Open A e Open B, O femenino co primeiro premio igual ao masculino e os seguintes diferentes e escollidos polas xogadoras do clube. E por ultimo o infantil donde compiten nenos e nenas en igualdade. Todos os trifeos ou premios con cerámica artesanal de Buño. En total serán 65 competidores que viran acompañados por amigos e familiares e entre todos farán unha vedadeira festa deportiva. a selección para disputar o Open A de 16 xogadores fixoa seleccionador galego Miguel Rey así coma a distribución nos diferentes grupos na competición.
Resultados do torneo de Oleiros
Por outra banda o hai duas semanas disputouse o torneo de Oleiros a ocal foron varios os xogadores dos clubes da comarca AD Zas e Vimianzo TM e que acadaron varios podiums.
Asi Laura García foi semifinalista en alevín femenino ao igual que Luis Azevedo en senior masculino. E Brais Blanco en senior masculino e Stevo en veterano +60 foron subcampións.
-Artigo e fotos de : Stevo Zas
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es