ESTE SÁBADO EN RIAZOR A FINAL DA “83ª COPA DA CORUÑA” : SAN TIRSO-ATL. ARTEIXO

 

FINAL DA “LXXXIII COPA DA CORUÑA”

SAN TIRSO-ATLETICO ARTEIXO

-SÁBADO EN RIAZOR-

San Tirso e Atlético Arteixo loitarán este sábado día 22 a partir das 19:15 horas por unha nova edición da Copa Coruña, unha final que terá lugar no Estadio Municipal de Riazor. Esta final está marcada en cor vermella no calendario de ambos os equipos desde o inicio da tempada, posto que o gañador poñerá o broche de ouro a un curso realmente extraordinario.

O equipo que adestra Claudio Corbillón conseguiu clasificarse para a final da Copa Coruña tras eliminar ao Boimorto nunha eliminatoria na que gañou por 1-0 na ida con gol de Xian e que, no choque de volta, empatou (1-1) grazas a un gol de César despois de que o cadro de Dani Fernández estivese máis de media hora coa eliminatoria empatada

O Club Atlético Arteixo, pola súa banda, certificou o billete para a gran final de Riazor tras eliminar ao Club do Mar de Caión na semifinal.

A entrada é única de 5 euros, agás para os menores de 13 anos que entrarán de balde. Como de costume estará aberta o público a grada de Tribuna inferior.

-Unha información que nos achega a RFGF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies