Memorial Álex Pombo: Sempre con nós
Os días 6 e 7 de abril, no campo de As Redondas, celebrarase o Memorial Álex Pombo, un emotivo torneo de fútbol que enfrontará aos equipos do Cabana SD e do Ponteceso SD en diferentes categorías.
Sábado 6
-
10:00 h – Infantís: Cabana SD – Ponteceso SD
-
12:00 h – Cadetes: Cabana SD – Ponteceso SD
-
16:00 h – Xuvenís: Cabana SD – Ponteceso SD
-
19:00 h – Sénior: Cabana SD – Ponteceso SD
Domingo 7
-
10:00 h – Veteranos: Cabana SD – Ponteceso SD
-
12:00 h – Feminino: Cabana SD – Ponteceso SD
Este memorial leva o nome de Álex Pombo (Cabana de Bergantiños, 1981), un porteiro moi querido no fútbol da Costa da Morte. Faleceu o 23 de marzo de 2015 tras sufrir un infarto en A Grela, A Coruña, cando conducía un autobús da empresa familiar.
A sua traxectoria na costa
Álex foi un deportista recoñecido e respectado en toda a comarca. Comezou a súa carreira no Bergantiños xuvenil e, posteriormente, fichou polo Cabana SD (2001-2002 a 2003-2004), o club da súa localidade natal. Máis tarde defendeu a portería do Ponteceso SD (2004-2005 a 2009-2010), xogou no Camariñas (2010-2011, 2011-2012 e 2012-2013) e nas súas dúas últimas tempadas militou no Malpica.
O torneo é unha homenaxe a súa figura e á súa paixón polo fútbol, lembrando o seu legado deportivo e humano. O lema do evento non pode ser máis claro:
“Sempre con nós!!”.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Cabana SD