ESTE SÁBADO E DOMINGO RIAZOR VAI FERVER CO “DÍA DAS PEÑAS” DO “GRANDE DE GALICIA”.

 

Podemos presumir de ser do equipo de fútbol máis garnde de Galicia, por número de afeccionados, por número de socios, de títulos, de encontros e logros no fútbol internacional, por idade, por estadio, etc, etc, etc…pero tamén podemos presumir da gran Federación de Peñas que temos, do gran traballo que fan e nesta fin de semana por todo canto teñen montado.

Mañán sábado dende ás 12:00 horas comezará a festa do “Día das Peñas”. Comezará a música na rúa, e os xantares, con churrasco e polbo a feira dos nosos amigos da “Mambis”, lugar de culto para nós, especialmente na Romaría da Barca e dende fai anos neste día asinalado. Logo chegará o partido ante a Cultural y Deportiva Leonesa a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), para o que se pide entrar con tempo para ondear unha vez máis as bandeiras ca saida do equipo e cun mosaico para o que tódolos afeccionados terán un cartón no seu asento.

Tralo encontro a festa non decaerá e seguirá ata a madrugada con máis concertos na parte oeste do estadio, na zona de Manuel Murguía, e con posto de comida, así como toda a hostelería a tiro de pedra, algo do que non se pode disfrutar na maioría dos campos que hai por España.

Para a xornada do Domingo seguirá a festa, pois a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), o Deportivo Feminino xógase ante o Cacereño o ascenso a Liga Iberdrola, (1ª División Feminina). Unha vitoria das deportivistas suporía o ascenso, ou que fagan o mesmo que faga o español, que xoga ante o Barcelona B, que vai primeiro pero que non pode ascender o ter equipo na liga superior.

Unha fin de semana espectacular a que estades todos os deportivistas e oa que lle teñades cariño o noso clube, estedes invitados. Un evento para o que a nosa federación de peñas ten todo programado para axudar e seguir empurrando en branquiazul.

Ademáis poderase colaborar coa Cociña Económica da Coruña levando alimentos non perecedoiros que se recolleran nesa mesma zona para colaborar cos máis necesitados.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies