ESTE SÁBADO E DOMINGO MUXÍA CONVÉRTESE NO CENTRO FESTIVO DE GALICIA CO “MERCADO DAS RUTAS DO MAR”.

 

Se xa Muxía se converteu nos derradeiros anos no principal centro turístico da Costa da Morte, este sábado 12 de Agosto e o Domingo 13, o pobo será o centro festivo de Galicia co “XV Mercado das Rutas do Mar”. Xa é practicamente imposible encontrar onde durmir no propio pobo, agás cancelacións de derradeira hora, e se xa o verán está a ser unha vez máis impresionate coas xentes que chegan do Camiño de Santiago, Vía Mariana e por mar en veleiros e iates, ademáis do Parador, o “Mercado das Rutas do mar” atrae a milleiros de persoas que en moitos casos xa deixan alquilado dun ano para outro, ou fan que as suas vacacións na Vila da Barca lles coincidan con esta festa.

Posiblemente sexa a festa de amior crecemento en pouco tempo das que se dan en Galicia. Son 15 edicións, (houbo dous anos que non as tivemos polo COVID-19), dende que comezou fai 17 anos, e é unha festa diferente. Unha festa que vai de pola mañán a media noite, con máis de 100 postos a maiorría de xantares diversos, (ningún pode repetir), a precios económicos, e ademáis con música polas ruas, teatro ambulante e diversos entretementos para todo o mundo. A festa remata na noite do Domingo con fogos de artificio e degustación de peixe a prancha de balde. Acostuma a ser peixe espada, bonito, ou cousas similares…Algo que hai que vivilo.

 

Aquí tedes un exemplo de fai uns anos

 

 

-Foto, Vídeo e Texto : Xosé Búa “Pirata”.