ESTE SÁBADO E DOMINGO EN CARBALLO TERÁ LUGAR O “XXVII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO”

 

Este sábado 31 de Agosto e Domingo 1 de Setembro terán lugar na Piscina Municipal “Carballo Calero” e na “Praia de Razo” de Carballo, (A Coruña) os “XXVII Campionatos de España de Salvamento e Socorrismo de Comunidades Autónomas”. Un evento deportivo que non é olímpico pero que requer para os participantes a máxima entrega e atención, en cada unha das probas a celebrar.

Socorristas cegados de todas partes de España daranse cita na vila e praia carballesas nun evento de máismo interese que convertirá Carballo nun par de días na Capital do Salvamento e Socorrismo.

O evento que será presentado hoxe no concello bergantiñán está orgañizado pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo e colaboran ademáis do Concello de Carballo, Protección Civil, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es