Mañán sábado 8 de agosto de 2026 e pasado mañán Domingo 9 terá lugar a 18ª edición do “Mercado das Rutas do Mar” de Muxía, unha cita marcada en vermello no calendario festivo de Muxía, da Costa da Morte e de Galicia.
Moitos chámanlle o mercado medieval pero nada que ver cun mercado dese tipo. Esto foi unha “intoxicación” do anuncio na Voz de Galicia na primeira edición cando en ningún intre apareceu no cartel ese nome, nen foi a idea ca que naceu sendo o alcalde precursor Félix Porto. A receita deste mercado, volver aos tempos de antes, esa parte festiva coma a Romaría da Barca de antaño na que os milleiros de persoas que chegaban viñan para os actos lúdicos e relixiosos pero non faltaba a festa e a algarabía. Música por tódolos currunchos, farándula, contacontos, e que non faltase de comer e de beber.
Eso foi o que consigueu o “Mercado das Rutas do Mar” e iso é o que pasa. Muxía está e estará “invadido” por xentes de tódalas idades, moitos xa deixando alquilado dun ano para outro, con gañas de diversión sana, convertindo esta festa nunha das máis visitadas da Costa da Morte e de Galicia.
Non faltará o xamón asado, percebes, mexillóns, ostras, bocadillos preñados, polo asado, sardiñas, camaróns, arroces con marisco, filloas, orella de porco, churrasco… e este ano como innovación, rodaballo. Non faltará o sorteo dos bonitos, a degustación do peixe espada de balde o Domingo no porto e tampouco a musica tato a contratada polo concello coma a dos espontáneos, e este ano co broche do concerto de Luar na Lubre. Tampouco faltará o baile cos grupos de gaitas e de pandeireteiras. Un total de 31 acutacións itinerantes por todo o mercado repartidas antre os dous días, unhas alternando a Praza do Cabo da Vila e a Praza da Constitución, e outras ambulantes por todo o mercado e pola zona do Malecón, chegando a encontrase tocando unhas con outras, (no cartel tedes os horarios en que se move cada actuación), tamén haberá obradoiros para os máis pequenos e grupos de acrobacias, e postos de artesanía local e de fora…O que xa estivo xa sabe o que hai e o que non estivo non ten máis ca vir a comprobalo.
Pero antes de todo esto o pistoletazo de saida está no pregón que terá lugar na proa do barco fabricada cada ano para a ocasión na Praza do Cabo da Vila. Este ano o pregoeiro non é outro que Ramón Vilela “Tosi”, mariñeiro de toda a vida primeiro no “Os Ramóns” e no “Pirata”, do seu pai Ramón de Vilela e o que fora socio durante cáseque 30 anos, Ramón de Valenta, e logo como percebeiro, agora xa xubilado, pero ca sua lanchiña para ir coller a caldeirada de cando en vez. Home de mar que non sabe facer outra cousa máis co mar e todo o relacionado con él, de familia de tradición ancestral mariñeira, será o encargado de dar o pistoletazo a unha nova edición do “Mercado das Rutas do Mar” que xa ten Muxía “invadido” nestes días e que de seguro será de novo un éxito.
–
–
–
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
–




