Este pasado Domingo o muxián Raúl Lema completou o seu 19º encontro con combinados nacionais.

 

Caeu España ante Suiza, (2-0), no derradeiro encontro da primeira rolda dos clasificatorios para o Europeo 2027, pero fíxoo tras acadar o pase a segunda rolda vencendo nos dous primeiros encontros ante Liechtenstein., (8-0) e Israel, (2-0), polo que a intensidade no derradeiro encontro foi inferior.

O talentoso extremo muxián Raúl Lema que dispuxo de minutos nos dous primeiros encontros, tal e como xa vos inforamos, neste último, a pesares de ter problemas cun adutor, saía no descanso para xogar toda a segunda metade, facendo un gran encontro e sumando así a participación número 19 na sua conta cas seleccións españolas de base. Raúl suma así unha considerable participación nos combinados nacionais e sempre xogando en categorías superiores a sua idade, él con 15 anos, (en 44 días cumprirá os 16), xa suma 4 chamadas da Sub 17.

Ex canteirán do RC Deportivo fichado este verán polo Real Madrid, xa xoga cos xuvenís madridistas e antes de ir ca selección xogou encontros de liga e un torneo en Córdoba onde foi elixido no “mellor once” do susodito torneo.

–

-Foto : Javier Lema

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–