COMPETICIONS DE SLALOM EN DUMBRÍA
Campionatos de Galicia de Slalom
Campionatos de Galicia de Slalom Cross
Copa Galega Promoción Slalom
A xeira de competicións para pechar a tempada autonomicaa de piragüismo se incia este sábado 6 de setembro coa celebración no Campo de Slalom de O Couquiño da Copa Galega de Promoción de Slalom, competición na que compiten os máis pequenos do piragüismo galego.
Unha semana máis tarde, os días 13 e 14 de setembro, xa serán as categorías absolutas as que celebren as probas que que poñen o peche de tempada para as categorías senior e xuvenil coa celebración dos Campionatos de Galicia das dúas modalidades olímpicas das augas bravas.
