Xogadores muxiáns do SD Camelle.
Comezou a pasada semana coas previas nas que o Porteño eliminaba ao Oza, (7-5), e o Ponteceso o Corme, (1-2). Onte xogábase o Baio-Fisterra, no que os baieses derrotaban por 3-1 ao actual campión, pero esta vindeira fin de semana xógase o groso de encontros da “LVIII Copa da Costa”, e se hai derbis coma o Monte Louro-Esteirana e Sporting Seaia-Cerqueda, tamén hai un choque especial e que se podería catalogar como derbi, ese é o Camelle-Muxía, que se xogará o vindeiro Domingo a partires das 17:30 horas no “Rodeiro”.
Se comezamos eses vínculos pola parte de arriba, o presidente, que tamén foi o fundador, do Camelle, José Luis Romaní, é de Ouroxo, 8Muxía), i é tío de José Luis Romaní, parte do organigrama do Muxía, e tío-avó dos xogadores, Adrián e Víctor Alcaina, así coma de Mauro Romaní e Mario Romaní, e por conseguinte o seu fillo, tamén de nome José Luis, (con sangre de Oruxo, e casado cunha muxiana),vicepresidente do clube camellán, e tamén home para todo no clube, é primo de tódos os nomeados. Seguindo na parte directiva e técnica, Gonzalo Lemus, 2ª adestrador, utilleiro e home para todo dos de Camelle, é de Quintáns, (Muxía), o adestrador dos camelláns Sergio Salgueiros “Crejo”, é de Agranzón, (Muxía).
No que se refire a xogadores, no cadro camelláns hai ata 8 xogadores muxiáns, Roi, Santi “Maka”, José “Ruso”, Diego “Chori”, Rodri “Crejo”, Marce “Markotiño”, Huchiño e Martinsiño. Todos eles xogaron no Muxía dende benxamíns ata xuvenís, e algún tivo a sorte de que lle deixaran xogar no primeiro equipo, pero todos tiveron que emigrar e Camelle colleunos cos brazos abertos, e veñen de acadar o éxito tras acadar na promoción o ascenso a Liga da Costa, sendo un equipo co que non se contaba para eso. Tamén podemos sumar un vínculo máis con Muxía, o gran capitán dos camelláns, Carlos de Dido está casado e vive en Quintáns, (Muxía).
Polo tanto este encontro será un reencontro no terreo de xogo destes rapaces con moitos cos que xa xogaron en grande cantidade de veces na canteira muxiana, (e que estiveron animándoos no encontro do ascenso), pois do derradeiro encontro antre Camelle e Muxía, que se xogou na Arliña só queda o gran capitán dos camelláns Carlos de Dido.
-Choque de Dazaseisavos da Copa-
SD Laxe-Ponteceso SD
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
Outes FC-CF Mazaricos
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
CD Nantón-SD San Lorenzo
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
Atlético Pereiriña FC-Soneira SD
Domingo 21/05/2023 ás 16:30 horas
SD Camelle-Muxía CF
Domingo 21/05/2023 ás 17:30 horas
UD Monte Louro-SCDR Esteirana
Domingo 21/05/2023 ás 18:00 horas
Volantes de Baño FC-Xallas FC
Domingo 21/05/2023 ás 16:30 horas
UD Corcubión-SD Castriz
Domingo 21/05/2023 ás 18:30 horas
CD Baio 3-1 SD Fisterra
Domingo 17/05/2023 ás 17:00 horas
Sporting Zas-Cabana SD
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
CD Baiñas-CD Muros
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
Camariñas FC-UC Cee
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
Sporting Seaia FC-UD Cerqueda
Domingo 21/05/2023 ás 18:30 horas
CF Lira-CF Dumbría
Domingo 21/05/2023 ás 17:00 horas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”