O paseo muxián do “Malecón” dase moi ben para final diste evento.
VI Carreira Pedestre Concello de Muxía
Este Domingo 14 de Xullo chega a Muxía a sexta edición da Carreira Pedestre Concello de Muxía enmarcada nas carreiras “Correndo pola costa”. Os atletas participantes deste gran evento deportivo comezarán a competir dende ás 10.30 horas. Un ano máis dende o porto muxián sairán as categorías de pitufos, (12:30 horas), benjamín, e alevín, (12:15), infantil, cadete e xuvenil, (11:47), 3 K contra o cancro, (11:45), vehículo adaptado, (10:30), e absoluta 10 K (10 K sénior, M40 e M50), (10:30).
A distancia mínima a percorrer será de 100 metros, correspondente á categoría pitufos, e a máxima de 10 Kms a completar polos participantes da carreira absoluta. A carreira é a sétima proba atlética do VI Circuito Correndo pola Costa da Morte.
Un ano máis a península muxiana vestirase de deporte e de cor, un atractivo para os deortistas e para os numerosas turistas que acolle a Vila da Barca nestas datas vacacionais.
+++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR