Derradeira xornada da liga regular.
Este vindeiro Domingo remata a liga regular na 1ª Galicia de Veteranos A Costa, e tan só falla por saber a órde nos 4 equipos que xogarán a promoción. Tamén saberemos se o Atlético Carballo, campión impresionante xa fai varias semanas, completará a liga con pleno de vitorias. O seu rival será o CD Nantón que se quedou as portas da promoción. O subcampión, CF Cances tan só perdeu 2 encontros e foron ambos ante o campión, sendo os dous equipos con diferenza os mellores do campionato sumando antre os dous 200 goles, tantos coma os 6 equipos seguintes xuntos.
Polo tanto o único en xogo é a órde nas posicións para o Play-Off, xa que de aí sairá a órde dos emparellamentos de semifinais. O Fisterra, (3º), visita o Leiloio, e o Malpica, (4º), cos mesmos puntos cos fisterráns, (36), recibe o subcampión Cances. O Buño, (5º) con 33 recibe o Mazaricos, (6º), que ten 32, polo que segundo o resultado antre eles xa teríamos troco de posicións.
CLASIFICACIÓN
1º Atlético Carballo : 63 Puntos-124 GF-17 GC
2º Cances : 47 Puntos-76 GF-30 GC
3º Fisterra : 36
4º Malpica : 36
5º Buño : 33
6º Mazaricos : 32
7º Nantón : 25
8º Leiloio : 20
9º Bértoa : 19
10º Sofán : 19
11º Soandres : 14
12º Deportivo Carballo : 19
Próxima xornada
Os horarios que poñemos nesta táboa da derradeira xornada son os oficiosos non os oficiais. Actualizaremos cando corresponda ca axenda de encontros.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”